O xurado valorou moi positivamente a súa conservación arquitectónica e, en especial, a súa intensa labor na recuperación do patrimonio histórico-cultural.
Este galardón creouse para recoñecer a aquel núcleo rural que máis destaque polo coidado dos seus espazos, así como polo seu dinamismo social.
A distinción será entregada dentro dos actos oficiais da LI Feira do Cocido.
Os membros do xurado quixeron facer explícito o seu recoñecemento ao elevado nivel do conxunto das candidaturas presentadas. Ler máis