xoves, 18 abril 2024 Hoxe falamos con Paco Sesto, Presidente da Coral Polifónica de Lalín, do IX Festival de Corais. Podcast
mércores, 17 abril 2024 “Camiñantes pola Vía da Prata a Santiago de Compostela” é o título da exposición de Acisclo Manzano Freire que, promovida polo Concello de Lalín no marco do programa cultural "Lalín con Arte”, se inaugurará o vindeiro venres, 19 de abril, ás 20.00 horas, no Museo Municipal “Ramón Mª Aller”. Podcast
mércores, 17 abril 2024 «Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita deste libro na rompente da estirpe. Podcast
mércores, 17 abril 2024 O colectivo de Alcohólicos Anónimos de Lalín cumpre o seu décimo sexto aniversario e por iso promove unha xornada divulgativa o sábdo 20 de abril. Terá lugar a partir das 12.00 horas no auditorio de lalín e búscase ofrecer información sobre o programa de rehabilitación de persoas que están a sufrir adicción ao alcol. Podcast
venres, 12 abril 2024 Enredeiras T2E9 con Yolanda Villar, Eva García e Ana González. Hydra marketing & comunicación trae a Radio Lalín “Enredeiras”, un espazo para analizar as novas tendencias en RR.SS. Podcast
xoves, 11 abril 2024 Daniel González Alén, escritor, investigador e cronista oficial do Concello de Lalín fala para Radio Lalín sobre a figura de Manuel Daniel Varela Buxán. Podcast
mércores, 10 abril 2024 Achegámonos ás xornadas conmemorativas do Seminario de Estudos de Deza (SED), dedicadas a "Persoeiros Ilustres na Historia de Deza". Nesta ocasión falamos con Xosé Luna Sanmartín, destacado autor, investigador e membro activo do SED, da súa visión e coñecementos sobre Manuel Daniel Varela Buxán “O patriarca do teatro galego”. Podcast
mércores, 10 abril 2024 Falamos con Rafael Cuiña, coordinador do grupo municipal de Compromiso por Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
xoves, 4 abril 2024 O “I Ciclo de Conferencias de saúde “COIDA(te)”. ESCOITA(te)” do Concello Lalín continúa o mércores, 10 de abril, ás 19 horas, cunha “Charla sobre envellecemento saudable e coidado de longa duración”, ofrecida por Ana Díaz Cortés, socióloga e doutora en Ciencias da Saúde. Podcast
xoves, 4 abril 2024 Redrum Teatro pon en escena a aclamada obra teatral "Hamelin" de Juan Mayorga. “Hamelim” pode verse en Lalín dentro da programación “Entre Bambalinas” este venres ás 21.00 horas no Salón Teatro do Auditorio Municipal. Hoxe falamos con Alex Sampayo, director desta produción teatral que desafia os límites e profunda nas complexidades da condición humana. Podcast
mércores, 3 abril 2024 Hoxe falamos con Vanessa Taboada Santín, relatora do curso sobre alimentación e nutrición saudable “Aprendiendo a comer sano para vivir mejor” que se impartirá en UNED Pontevedra Aula de Lalín a partir do martes, 9 de abril. Podcast
martes, 2 abril 2024 A alimentación consciente é o acto de escoller, preparar e consumir a comida ofrecéndolle ó teu corpo o que necesita para sentirse respetado, coidado e nutrido. Falamos de todo o relacionado coa alimentación consciente coa Dra. Laura Calvo, especialista en medicina estética e nutrición. Podcast
luns, 1 abril 2024 Desde o pasado 21 de novembro, os avogados da quenda de oficio en Galicia estiveron en pé de guerra, demandando un trato xusto e condicións laborais dignas. Tras meses de protestas e negociacións, a situación alcanzou un punto crítico coa recente decisión do Colexio de Avogados de Pontevedra de dar de alta obrigatoria aos letrados, desencadeando aínda máis controversia na comunidade legal. Podcast
mércores, 20 marzo 2024 Hoxe falamos con Begoña Blanco, Concelleira de Cultura, Turismo e Educación do Concello de Lalín. Algúns dos temas que tratamos con Begoña Blanco foron, o proxecto de “Lalín con Arte”, a programación “Entre Bambalinas”, ou a I Feira de Orientación Universitaria e Formación profesional. Podcast
xoves, 14 marzo 2024 Froymar Superlano, Iria Hermida, Yusra Bouchaila, Alba Rodríguez e Bárbara Aragón son as “Informantes do Laxeiro” Estas cinco alumnas, de 3º de ESO do IES Laxeiro de Lalín, da materia de Oratoria que imparte Lara Rodríguez fan un repaso da actualidade do IES Laxeiro como as “Informantes do Laxeiro” dentro do programa Correspondentes Xuvenís da D.X. de Xuventude, Participación e Voluntariado. Podcast
mércores, 13 marzo 2024 Falamos co presidente da Banda de Lalín, Antón Batán, de todo o referente ao Concerto “Directores da Casa”. A Banda de Lalín celebrará o vindeiro sábado 16 de marzo, ás 20:30 horas, na Sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal o concerto “Directores da Casa” con Marcel Van Bree, Alejandro Carral Rodríguez, Víctor García Rodríguez e Benxamín Otero Otero. Podcast
mércores, 13 marzo 2024 Falamos con Francisco Vilariño, voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Lalín, de diferentes asuntos de actualidade municipal. Podcast
martes, 12 marzo 2024 Pablo Carracedo "Jásper” de Loita Amada fala do concerto no Café Casino de Lalín: Amor, loita, rebeldía e liberdade no último traballo "Rematou ou simulacro"que non deixará indiferente a ninguén. Podcast
martes, 12 marzo 2024 Hoxe da mán de César Romero, cantante da Orquestra Cinema, coñecemos máis sobre a nova xira 2024 'Unidos dejamos huella”. A estrea da xira será no Campo da Feira Vello de Lalín, o venres 15 de marzo, ás 22:30 horas. Podcast
venres, 8 marzo 2024 Hoxe falamos da segunda edición do Mercado de Artesanía Alimentaria MERCADELICADEZA con Carlos Brea, presidente da Asociación Galega de Operadores de Artesanía Alimentaria. Podcast