A XESTA ACOLLE O MÉRCORES UNHA SESIÓN SOBRE SOPORTE VILTAL BÁSICO E MANEXO DE DESFIBRILADOR EXTERNNO AUTOMÁTICO

A XESTA ACOLLE O MÉRCORES UNHA SESIÓN SOBRE SOPORTE VILTAL BÁSICO E MANEXO DE DESFIBRILADOR EXTERNNO AUTOMÁTICO
Martes 2 de Maio de 2017 - A actividade inclúese dentro da parte formativa do programa do Concello “Lalín cardioprotexido”. As parroquias que desexen contar cunha sesión formativa poden solicitala poñéndose en contacto co Concello.

A parte formativa do programa posto en marcha polo Goberno local, “Lalín cardioprotexido” segue en marcha e, logo de teren lugar as primeiras sesións destinadas a deportistas e clubs deportivos, a iniciativa chega ao rural. En concreto, o mércores, día 3 de maio, ás 20.00 horas, terá lugar no centro social da parroquia de A Xesta unha nova sesión básica destinadas aos veciños e veciñas, sobre Soporte Vital Básico e manexo de Desfibrilador Externo Automático (DEA) que será impartida polo concelleiro de Sanidade Pública, Nicolás González Casares, que ademais é instrutor de Soporte Vital Avanzado. Para cumprir coa parte formativa do programa o Concello mercou 8 maniquies de adultos, 4 de lactantes e 2 desfibriladores de adestramento.

González Casares sinalou que, “a través do programa Lalín Cardioprotexido, preténdese que Lalín se converta nun concello pioneiro en canto a cardioprotección e no referente á atención precoz da parada cardiorrespiratoria”. “As correctas nocións de reanimación, a alerta aos servizos de emerxencia e a correcta utilización de desfibirladores automáticos aumentan a supervivencia nos casos de paro cardiorrespiratorio”. Segundo o concelleiro, o tempo é un factor determinantes nestes casos, “de xeito que achegar estes medios á cidadanía e a lugares públicos, así como impartir programas de formación, redunda nunha maior posibilidade de salvar vidas”. Neste senso indicou que aquelas parroquias que desexen ter unha sesión formativa non teñen máis que poñerse en contacto co Concello e solicitalo, tal e como o fixo A Xesta. 

Roteiros de Lalín