A VII CARREIRA DO COCIDO CELEBRARASE O DOMINGO, DÍA 29 DE XANEIRO

A VII CARREIRA DO COCIDO CELEBRARASE O DOMINGO, DÍA 29 DE XANEIRO
Xoves 15 de Decembro de 2016 - Será a primeira proba deportiva realizada a carón do festexo gastronómico e contará cunha organización practicamente idéntica á da pasada edición.

O concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, vén anunciar a data na que se celebrará a VII Carreira do Cocido. Será o domingo, día 29 de xaneiro de 2017 e, en vista do éxito alcanzado na pasada edición a organización será practicamente idéntica. A data escollida para a proba evita que esta coincida con outras do mesmo tipo.

O edil explicou que o prazo para realizar inscricións para este evento deportivo, organizado por Atletismo Deza en colaboración co Concello de Lalín, se abrirá proximamente. Segundo Casares “será a primeira proba deportiva realizada a carón do Cocido e é sen lugar a dúbidas a mellor carreira a pé do inverno en Galicia, polo que novamente esperamos unha afluencia masiva de corredores”.

O percorrido en categoría absoluta terá unha distancia de 10 quilómetros. Así mesmo, existirán probas para categorías base con distancias axeitadas á idade dos menores. Haberá medallas e agasallos conmemorativos da carreira para todos os participantes. Ademais, o Lalín Arena habilitarase como centro para que os competidores poidan cambiarse e asearse.

Roteiros de Lalín