REMATA O ACONDICIONAMENTO DA PISTA QUE UNE A XESTEIRA E REGUFE

REMATA O ACONDICIONAMENTO DA PISTA QUE UNE A XESTEIRA E REGUFE
Venres 30 de Septembro de 2016 - Pavimentouse un treito de 1.100 metros que dá acceso a dúas importantes explotacións da zona.

O concelleiro de Rural, Miguel Medela, achegouse aos lugares de A Xesteira, en Sello e de Regufe, na parroquia de Erbo, para supervisar as tarefas de mellora e acondicionamento da pista que une ambos lugares e que foi pavimentada. Os traballos foron acometidos con cargo ao Plan Marco da Xunta, que ten como obxectivo xeral mellorar camiños de titularidade municipal que teñan o agrogandeiro como uso principal. Neste caso arranxouse un treito de 1.100 metros que dá acceso a dúas importantes explotacións da zona.

O edil responsable de Rural puxo de relevo a importancia desta obra que foi executada pola empresa Taboada y Ramos S.L. Miguel Medela salientou que a adecuación desta vía, que se encontraba en moi mal estado, “dá continuidade ás inxentes tarefas de recuperación do rural que vén levando a cabo o Goberno de Lalín” e que servira para “seguir fomentando o desenvolvemento das áreas rurais e do sector gandeiro do municipio”.  

Roteiros de Lalín