PUBLICADA A LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A PRAZA DE POLICÍA LOCAL

PUBLICADA A LISTA PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS PARA A PRAZA DE POLICÍA LOCAL
Xoves 17 de Novembro de 2016 - A partir de hoxe ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar ou subsanar a documentación solicitada.

A concelleira de Emprego, Katia Procino, vén de informar de que xa está publicada a lista provisional de persoas admitidas e excluídas para formar parte do proceso selectivo dun policía local en réxime de persoal en propiedade do Concello de Lalín. As listaxes pódense consultar na páxina web do Concello www.lalin.gal, así como no taboleiro de anuncios do consistorio. As persoas que aparecen na lista teñen 10 días naturais de prazo para emendar ou subsanar a documentación solicitada a contar dende o día 16 de novembro.

O Xunta de Goberno Local aprobou recentemente o expediente para dar continuidade ao proceso selectivo para a incorporación de novo persoal da policía local, sacando finalmente a oposición libre unha única praza. Isto foille comunicado a través dun SMS aos preto de 200 aspirantes que presentaron instancias para participar no proceso. Está previsto que as probas de oposición libre, que incluíran exames teóricos e probas físicas, se desenvolvan durante o mes de decembro, para que o axente seleccionado se poida incorporar á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) no mes de xaneiro para realizar as prácticas previas á súa incorporación no posto do Concello.

Roteiros de Lalín