PRIMEIRA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA ESTRATEXIA DUSI LALÍN SSUMA 21

PRIMEIRA REUNIÓN DA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA ESTRATEXIA DUSI LALÍN SSUMA 21
Mércores 23 de Maio de 2018 - No seu transcurso abordáronse varios puntos relacionados coa situación actual de desenvolvemento da estratexia.

Na tarde do luns tivo lugar no Concello de Lalín a primeira reunión do Comité de Seguimento da estratexia DUSI Lalín Ssuma 21 cofinanciado nun 80% por fondos FEDER no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020”. Trátase dunha xuntanza de carácter estritamente técnico que terá periodicidade mensual. O comité está composto por representantes da empresa que xestiona os servizos da asistencia técnica (Idom Consulting), así como polo alcalde, o tenente de alcalde, concelleiros responsables dos diferentes obxectivos temáticos, secretaría, intervención e persoal de comunicación do Concello de Lalín.

A xuntanza serviu de primeiro contacto e de lanzamento oficial da nova oficina de xestión. No seu transcurso abordáronse varios puntos, entre eles a situación actual de desenvolvemento da estratexia en relación coa cantidade contratada a día de hoxe. Tamén se fixo un repaso polo plan director de operacións por obxectivo temático, analizando cada un dos mesmos e definindo a orde de prioridades á hora de executar cada proxecto. Neste caso daráselle prevalencia a actuacións de carácter social e a outras do eido urbano como a execución de pasarelas peonís e a rehabilitación do núcleo histórico de Lalín de Arriba, entre outras. Un dos obxectivos que se marcaron no encontro foi o de axilizar a activación das contratacións para conseguir que o 15% da estratexia estea contratado este ano. Con todo, os eixos marcados pola Unión Europea no desenvolvemento deste complexo proxecto establecen que en 2019 deberá estar contratado o 30% da mesmo. Para finalizar esta primeira xuntanza do comité de seguimento definíronse os próximos pasos a dar para continuar avanzando no desenvolvemento de Lalín Ssuma 21.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín