Presentado o viveiro de empresas de Lalín

Visita ao solar que ocupará o "Viveiro de empresas" de Lalín
Xoves 6 de Xuño de 2013 - Fundación INCYDE, Deputación de Pontevedra e Concello de Lalín investirán preto de 750.000 euros na construción dun viveiro de empresas que servirá de niño de acollemento a emprendedores que queiran poñer en marcha ideas empresariais sin que o arranque das mesmas implique un esforzo que desbote a súa posta en marcha.

Preto de medio cento de empresarios e emprendedores lalinenses asistiron esta mañá a presentación do Viveiro de empresas que se porá en marcha en Lalín grazas á colaboración entre o Concello de Lalín, a Deputación de Pontevedra e a Fundación INCYDE e que permitirá a construcción dun edificio na parte traseira da Aula da UNED que permita a emprendedores poñer en marchas os seus proxectos sen que o aluguer de un local, os servizos e mesmo o asesoramento comprometa a viabilidade dos seus proxectos.

Crespo Iglesias, alcalde de Lalín, destacou a importancia do proxecto e explicou que serán 25 os emprendedores que poderán acceder as accións formativas e de asesoramento que terán lugar  ca posta en marcha desta instalación. O viviero de empresas disporá de espazos que servirán de oficina aos emprendedores, pero tamén de garaxes que poderán funcionar como talleres e que os emprendedores poderán utilizar perante 2 anos, tempo nos que poderán comprobar a viabilidade da idea e ao tempo fortalecer o proxecto para que poida camiñar en solitario e sen apoio. Os únicos costes que deberán asumir os emprendedores redúcense aos que xurdan dos gastos de funcionamento do edificio que se compartirán entre todos os que queiran poñer en marcha as súas ideas.

Ao tempo, o rexedor anunciou a celebración en Lalín dun curso pioneiro no sector agrario que permitirá a 25 responsables de explotacións do noso entorno acceder a asesoramento de primeiro nivel para a elaboración de plans de viabilidade. Este curso, "Programa piloto de mellora da competitividade no sector lácteo gandeiro" permitirá aos participantes acceder a asesoramento e formación da mans de expertos en diversos eidos que poidan axudar a mellorar a rendibilidade e o futuro das explotacións.

Trala presentación, José Crespo; Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra e Javier Collado, director xeral da fundación INCYDE; visitaron o solar que acollerá o edificio do viveiro de empresas.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín