PERMANECE ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA DE TERMALISMO DEPOTERMAL

Xoves 12 de Abril de 2018 - O período habilitado para tramitar as inscricións finaliza o día 18 de abril.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, lembra que o prazo para inscribirse no programa de termalismo da Deputación de Pontevedra, “Depotermal”, continúa aberto. Concretamente, o período habilitado para tramitar as inscricións finaliza o día 18 de abril. As persoas interesadas en participar nesta actividade, que se desenvolverá nos balnearios da provincia, deben acudir ao departamento de servizos sociais do Concello para reservar praza, de luns a venres, de 08.00 a 14.00 horas, ou poden solicitar máis información no teléfono 986 78 70 60.

Este programa está dirixido a persoas nacidas antes do 1968, persoas pensionistas, ou persoas que precisen dun respiro familiar acreditado por un informe de Servizos Sociaish. Para participar é requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan. No caso de desexar acudir en parella, é preciso que as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos.

González Casares puxo de relevo o traballo e o esforzo do departamento de Servizos Sociais e da concellería de Benestar para formar parte de programas como Depotermal ou o Imserso dos que poden beneficiarse numerosos usuarios dos servizos sociais e outros cidadáns, e que en poucos Concellos se levan a cabo deste xeito.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín