OBRADOIRO DE VIDEOCRACIÓN DENTRO DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICIÓNS “AQUELAR”

OBRADOIRO DE VIDEOCRACIÓN DENTRO DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICIÓNS “AQUELAR”
Mércores 27 de Xuño de 2018 - A actividade celebrarse os días 3 e 4 de xullo para mozos e mozas de 14 a 30 anos. As persoas interesadas deben inscribirse previamente enviando un correo electrónico á dirección tania.tumbeiro@lalin.gal.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, informa de que os días 3 e 4 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, terá lugar na casa do concello de Lalín o obradoiro de videocreación “Encádrate” destinado a mozos e mozas de 14 a 30 anos de idade. Esta iniciativa lévase a cabo enmarcado dentro do proxecto AQUELAR, servizo de prevención de adiccións dos concellos de Lalín e Silleda. Na actividade as persoas participantes adquirirán diferentes coñecementos para a realización e edición de vídeos empregando como única ferramenta a cámara do teléfono móbil. A actividade é totalmente de balde e as persoas interesadas deben inscribirse previamente enviando un correo electrónico á dirección tania.tumbeiro@lalin.gal.

O programa “Aquelar”, que está promovido de forma conxunta polos municipios de Lalín e de Silleda e que está destinado a familias, poboación escolar, poboación xuvenil e, de xeito integral, á poboación en xeral de ámbolos dous municipios. ten entre os seus obxectivos os de loitar contra as adiccións promovendo hábitos saudables e facilitando recursos de información e orientación, así como promover unha conciencia social sobre os efectos nocivos do consumo de drogas e incrementar a percepción do risco, ademais de desenvolver habilidades e competencias persoais na mocidade de cara a adoptar unha actitude crítica e responsable sobre as adicións.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín