O PLAN EMTRA DO CONCELLO DE LALÍN PERMITIU NO QUE VAI DE ANO QUE 47 NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS NON TIVESEN QUE ABOAR LICENZA DE APERTURA

O PLAN EMTRA DO CONCELLO DE LALÍN PERMITIU NO QUE VAI DE ANO QUE 47 NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS NON TIVESEN QUE ABOAR LICENZA DE APERTURA
Sábado 6 de Outubro de 2012 - O PLAN EMTRA DO CONCELLO DE LALÍN PERMITIU NO QUE VAI DE ANO QUE 47 NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS NON TIVESEN QUE ABOAR LICENZA DE APERTURA, ADEMAIS DE ATENDER A 24 EMPRENDEDORES, DOS QUE 16 SE CONSTITUÍRON EN EMPRESAS, COA CREACIÓN DE 30 POSTOS DE TRABALLO ADEMAIS DE ATENDER A 24 EMPRENDEDORES, DOS QUE 16 SE CONSTITUÍRON EN EMPRESAS, COA CREACIÓN DE 30 POSTOS DE TRABALLO . A orientación e a formación laboral, outro dos eixos temáticos en torno aos que se estrutura este programa que promove a Concellería de Actividade Económica, Comercio e Emprego co obxectivo contribuír á dinamización económica e ao desenvolvemento local, adquire gran importancia na conxuntura actual e así neste mes de outubro tense previsto desenvolver dous cursos, un sobre búsqueda de emprego a través de Internet e outro sobre competencias clave e ademais antes de final de ano terá lugar unha xornada informativa para emprendedores

Sábado, 6 de outubro de 2012

Un total de 47 establecementos comerciais que abriron en Lalín nestes tres primeiros trimestres de ano se beneficiaron da exención da taxa de licenza de apertura municipal de locais, a través do Plan EMTRA <Empresa e Traballo> que está a levar adiante o Concello de Lalín a través do departamento municipal que dirixe María José Batán, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Deza (AED).

A responsable municipal subliña queo non ter que aboar en Lalín a taxa por abrir un establecemento suponlle a cada beneficiario unha cantidade importante, dun mínimo de 270,66 euros, de acordo co establecido na ordenanza correspondente. Así mesmo detalla queas exencións de licenza de apertura se corresponden con establecementos de distinta tipoloxía: local para uso de garaxes, venda e reparación de vehículos, explotacións de gando, comercio de roupa infantil, servizos técnicos, seguros e inmobiliaria, confección polo miúdo de prendas de vestir, bodegón, comercio de subministración eléctrica, consulta médica, oficinas técnicas, etc., o que demostra que se vai polo bo camiño sendo, ao mesmo tempo, conscientes do momento díficil que se está a vivir, remarca.

Ademais, no marco das exencións e bonificacións nos tributos municipais do Plan EMTRA, programa que vimos desenvolvendo desde hai un ano para promover a dinamización económica e o desenvolvemento local, tamén se contemplan determinadas exencións no imposto de Instalacións, Construcións e Obras (ICIO), como a licenza que se vén de aprobar por unanimidade no Pleno do pasado xoves, que foi outorgada a Aspadeza e que consiste na bonificación do 95% da contía desta taxa na construción deste peche exterior da súa parcela deportiva, en base ao carácter social desta asociación, explica.

Batán afirma queas actuacións realizadas dentro do Plan EMTRA son diversas, aínda que se poden concretar en tres áreas que son, ademais da de exencións e bonificacións fiscais nos tributos municipais que acabamos de referenciar, a de accións de loxística e apoio a emprendedores e a área de orientación e formación laboral.

APOIO GLOBAL A EMPRENDEDORES

A edila precisa quevimos prestando desde o departamento de emprego local un apoio global aos emprendedores, colaboración que vai desde a análise da idea de negocio ata á posta en marcha da empresa, ao proceso de desenvolvemento da idea empresarial, á elaboración dun plan de empresa, así como ao asesoramento técnico na primeira etapa de posta en marcha mediante a aplicación de técnicas de xestión empresarial para contribuír ao arranque nos seus inicios.

María José Batan precisa quedurante os tres primeiros trimestres do ano 2012 atendéronse a un total de 24 emprendedores, dos 8 presentaron proxectos relacionados co sector comercio; 7 coa hostalería; 4 co sector primario e 5 co sector servizos.

As iniciativas emprendedoras para o sector comercio foron diversas e abranguen: tenda de complementos; tenda de artigos de segunda man; comercio de flores; árbores frutais; fertilizantes de produtos de horta; venda de obxectos de agasallo; comercio de prendas de roupa ou tenda especializada en óptica e próteses auditivas, di.

Os 7 proxectos que asesoramos no sector da hostalería correspóndense cun pub, con dous café-bar; cunha vinoteca e venda de produtos delicattesen; con local de comida a domicilio; cun bar-restaurante e cun bar e tenda de proximidade, salienta.

ASESORAMENTO A PROXECTOS DO SECTOR AGROALIMENTARIO

No que respecta ao sector primario, Batán afirma que se atenderon proxectos relacionados so sector forestal (desbroces), agricultura e gandería de porcino. Así mesmo a concelleira fai fincapéno acompañamento técnico e formativo municipal a proxectos do sector agroalimentario para a posta en marcha de hortas urbanas, agricultura ecolóxica e á comercialización local na Praza de Abastos a través de internet e de excedentes de produción agraria a fin de continuar co desenvolvemento das iniciativas iniciadas recentemente.

Por último, os 5 proxectos do sector servizos que recibiron asesoramento municipal foron: limpeza de granxas, consultoría especializada en enxeñería, ludoteca, logopeda, servizos especializados a empresas para a comercialización de produtos e servizos a través de internet e de redes sociais.

A concelleira delegada de Emprego recalca quedo conxunto dos 24 proxectos emprendedores, 16 constituíronse finalmente en empresas: comercio (6), hostalería (5), agricultura-gandería (2), servizos (3), que supoñen a creación directa de 30 postos de traballo estables, entre emprendedores e traballadores por conta allea.Na actualidade ademais atópanse en trámite de constitución tres proxectos, sinala.

No que respecta ás solicitudes de información ou consultas especializadas, a maioría están relacionadas coa elección da forma xurídica máis axeitada ás características da actividade a desenvolver, cos trámites para a constitución dunha sociedade, cos custos salariais, cos medios e co acceso ás fontes de financiamento por conta allea e ás liñas de axuda existentes, entre as que se atopan o programa para a promoción do emprego autónomo, as axudas do Igape a emprendedores ou as subvencións do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino, entre outras, afirma.

A concelleira fai fincapé neste punto en queo autoemprego se considera unha vía moi importante para saír da situación actual, pois supón a creación de microempresas ou fórmulas de cooperativismo que resisten mellor ás situacións dos actuais mercados.Por iso desde o Concello, en colaboración con outras administracións, seguiremos potenciando o servizo de atención a novos emprendedores, xa que consideramos unha liña de traballo prioritaria o fomento do autoemprego, remarca.

XORNADA PARA EMPRENDEDORES

Así, antes de final de ano, coordinaremos unha xornada de divulgación da cultura emprendedora en colaboración coa Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, na que se analizarán aspectos relativos á figura do emprendedor, idea de negocio e á súa posta en marcha.Intervirán emprendedores da nosa zona que nos achegarán a experiencia que supón iniciar un proxecto empresarial e nela os asistentes poderán intercambiar información que lles resulte de interese á hora de decantarse por poñer en marcha a súa idea de empresa”, indica.

ORIENTACIÓN LABORAL

Na área de formación e orientación laboral, Batán informa quese está actualizando a bolsa de emprego convocando aos demandantes dun posto de traballo para que actualicen o seu curriculum vitae, ademais de atender aos demandantes de emprego que nos veñen derivados a través do servizo público de emprego.En total, no último mes, asesoramos a un total de 370 persoas, concreta.

Do mesmo xeito -anuncia a concelleira-, ademais das ofertas canalizadas a través do Lalín Inserta, aproximadamente unhas 24 no ano, estanse tramitando ao longo do último mes 10 ofertas de emprego que se corresponden con 2 dependientas, 1 camarero, 3 persoas para atención sociosanitaria, 1 docente, 1 operario de almacén, 1 condutor de tráiler e 1 revisor de prendas de punto. A información relativa a ofertas de emprego e accións de formación e orientación laboral está a disposición na páxina web.

A formación ás persoas demandantes de emprego é tamén un aspecto moi importante ao que se lle presta especial atención a través do EMTRA, xa que nestes tempos é un aspecto con demanda, indica.Así, neste mes de outubro temos previsto desenvolver dúas accións formativas centradas na búsqueda de emprego e en competencias clave, afirma.

Un destes seminarios estará centrado na busca de emprego a través de Internet e desenvolverase do 22 ao 25 de outubro, de 16.30 a 18.00 horas, na aula Cemit do Concello de Lalín, subliña.As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no departamento de Emprego municipal, aclara.

Así mesmo, entre o 22 de outubro e o 22 de novembro, impartirase nas instalacións municipais durante dous día por semana, en horario de 16.30 a 19.00 horas e previa inscricición, un curso sobre competencias clave, imprescindibles para poder presentarse a determinados certificados de profesionalidade”. “Cómpre, polo tanto, incidir na importancia que ten a capacitación e cualificación dos actuais e futuros traballadores obtendo unha titulación de validez universal que os capacita para exercer como profesionais e que contribúe a mellorar as condicións de empregabilidade, anuncia.

PRÓXIMAS LIÑAS DE ACTUACIÓN

Batán sinala como liñas de actuación futuras queseguiremos potenciando os servizos anteriormente mencionados e iniciaremos un Plan Integral de Emprego que se desenvolverá en 2012-2013 e que incidirá en novos nichos de emprego, que se realizará interactuando directamente cos distintos colectivos profesionais do noso entorno e co tecido produtivo en xeral.

De igual xeito, fomentaremos a creación de emprego autónomo e o cooperativismo como fórmulas eficaces de creación de riqueza e desenvolveremos formación especializada como a xornada para emprendedores do Igape, entre outras actuacións, subliña.Ademais un aspecto novidoso que iremos incorporando na nova web municipal é que as ofertas e as demandas de emprego poden ser tramitadas por empresarios e demandantes de emprego, conclúe.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín