O OBRADOIRO DE EMPREGO INICIOU A FASE DE TRABALLOS EN OBRA PARA A REHABILITACIÓN DAS ANTIGAS VIVENDAS DO MANUEL RIVERO

O OBRADOIRO DE EMPREGO INICIOU A FASE DE TRABALLOS EN OBRA PARA A REHABILITACIÓN DAS ANTIGAS VIVENDAS DO MANUEL RIVERO
Venres 25 de Maio de 2018 - O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Emprego, José Manuel Fernández, realizaron hoxe unha visita ás antigas vivendas.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Emprego, José Manuel Fernández, realizaron hoxe unha visita ás antigas vivendas do Manuel Rivero, onde hai uns días os compoñentes do Obradoiro de Emprego iniciaron a fase de traballos en obra, tras a etapa formativa e as actuacións previas para a consolidación da estructura.

Todas as actuacións de rehabilitación que se están a realizar desenvólvense en espazos interiores do inmoble, centrándose os traballos principalmente na planta primeira. Dado o tipo de traballos a realizar na obra, comezaron as actuacións os alumnos-traballadores de albanelería, mentres que o alumnado de carpintería estivo a realizar traballos preliminares de apoio.

En concreto, as actuacións que se están a levar a cabo son as seguintes:

1.- ACTUACIÓNS DE CAPINTERÍA:

Realizáronse ata o momento traballos auxiliares previos, tales como o tapiado das portas e ventanas da planta baixa e a elaboración das ventanas provisionais e os precercos para as dúas fachadas da planta primeira.

2.- ACTUACIÓNS DE ALBANELERÍA:

2.1.- Na planta baixa: As actuacións consistiron no reforzo da estructura do edificio. Para isto, pechouse o oco aberto no muro de carga e colocouse un reforzo no apoio da escaleira do inmoble.

2.2.- Na planta primeira:

- Traballos de saneado e picado de paredes interiores e teitos, así como o pasteado dos mesmos.

-Execución nas paredes interiores das dúas fachadas de trasdosado con aillamento térmico e acústico co fin de mellorar a protección fronte as humidades.

-Nos baños e nas cociñas, estase rematando cos alicatados e coa preinstalación das ventilacións.

- Retirouse carpintería metálica exterior existente, en estado deteriorado.

2.3.- Na planta segunda: Comezouse co saneado e picado das paredes e teitos e cos enfoscados nas paredes.

O Obradoiro de Emprego “Rivero Social II”, é unha ambiciosa iniciativa do Concello de Lalín que permitirá seguir avanzando na rehabilitación e acondicionamento de 6 antigas vivendas do Manuel Rivero e que beneficia a un total de 20 alumnas e alumnos, xunto co equipo directivo e docente. Está proposta está a permitir que, durante nove meses, 12 persoas se formen na especialidade de auxiliar de revestimentos en construción e 8 na de instalación de elementos de carpintería, realizando unha obra de utilidade pública e de interese social. O Obradoiro de Emprego conta cun orzamento de máis de 360 mil euros, dos que case 280 mil están subvencionados pola Consellería de Emprego.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín