O GOBERNO AUMENTARÁ A AXUDA Á ESCUDERÍA LALÍN DEZA PARA A ORGANIZACIÓN DO XXIV RALI DO COCIDO

O GOBERNO AUMENTARÁ A AXUDA Á ESCUDERÍA LALÍN DEZA PARA A ORGANIZACIÓN DO XXIV RALI DO COCIDO
Mércores 14 de Febreiro de 2018 - Para facer efectivo este incremento será preciso aprobar en pleno unha proposta de modificación de crédito. O Goberno entende que é necesario reforzar o apoio económico polos novos desafíos derivados da inclusión da proba no Campionato de España e en vista dos milleiros de visitantes á vila que vai atraer.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro Deporte, Nicolás González Casares, anunciaron hoxe que o Goberno de Lalín vai incrementar este ano a subvención nominativa á Escudería Lalín Deza par a organización do XXI Rali do Cocido, que terá lugar os vindeiros 16 e 17 de marzo, nunha proba histórica que por primeira vez pasa a ser parte do Campionato de España de Ralis de Asfalto. Actualmente o Concello viña ofrecendo unha axuda á Escudería de máis de 6.000 euros para a organización do rali. Nesta edición e, conforme ao maior orzamento necesario debido á inclusión da carreira no campionato de España, a entidade solicitou ao Concello un aumento do apoio económico ata os 16.500. Así, Cuíña e González Casares afirman que o Goberno local tratará de satisfacer as demandas da organización incrementando en todo o posible a axuda. Con todo, lembran que para facer efectivo este incremento será preciso aprobar en pleno unha proposta de modificación de crédito, que se incluirá na orde do día da sesión de febreiro.

A organización do XXIV Rali do Cocido supón para a Escudería Lalín Deza un importante desafío técnico, pero tamén económico, pois vai facer máis estrita a avaliación da organización, ademais de aumentar os requisitos de seguridade, difusión mediática, control técnico da proba etc. Porén, explican Casares e Cuíña, á vista da repercusión que supón para a vila de Lalín a celebración dunha proba de tal nivel, que coincide co 50 aniversario da Feira do Cocido, producirase un aumento masivo da repercusión da proba a todos os niveis e polo tanto da atracción de milleiros de visitantes de toda a xeografía nacional á nosa vila. Deste xeito, o Goberno entende que é necesario reforzar o apoio económico para que a organización do evento non se resinta ante os novos desafíos, pois Lalín e o XXIV Rali do Cocido será punto de de encontro para unha das afeccións deportivas máis numerosas, como é a do motor. 

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín