O CONCELLO SOLICITA UNHA AXUDA DE 9 MIL EUROS PARA ORGANIZAR OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

O CONCELLO SOLICITA UNHA AXUDA DE 9 MIL EUROS PARA ORGANIZAR OS CAMPAMENTOS DE VERÁN
Venres 23 de Febreiro de 2018 - Casares salienta que este ano o Goberno repetirá a súa firme aposta polos campamentos urbanos, que nos últimos anos gozaron dunha enorme acollida, co propósito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

O tenente de alcalde e concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, informa de que o Concello de Lalín lle solicitou á Deputación de Pontevedra unha achega de 9.000 euros, ao abeiro da liña 2 do Plan de Concellos, que irá destinada a sufragar parte da organización dos campamentos deportivos municipais de verán.

Casares salienta que este ano o Goberno repetirá a súa firme aposta polos campamentos urbanos, que nos últimos anos gozaron dunha enorme acollida, co propósito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, ofrecendo alternativas de ocio saudable no período vacacional dos nenos e nenas. 

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín