O CONCELLO PROXECTA A MELLORA INTEGRAL DA RÚA MONTE FARO CUN INVESTIMENTO QUE SOBREPASA OS 88 MIL EUROS

O CONCELLO PROXECTA A MELLORA INTEGRAL DA RÚA MONTE FARO CUN INVESTIMENTO QUE SOBREPASA OS 88 MIL EUROS
Luns 6 de Agosto de 2018 - Francisco Vilariño indicou que esta actuación responde á aposta sen precedentes do Goberno por mellorar as condicións do centro da vila e ao mesmo tempo dá cumprimento a unha demanda veciñal. O investimento procede dos remanentes de 2017 e será levado para a súa aprobación ao próximo Pleno. A actuación comprende a reposición de beirarrúas e a renovación do aglomerado, dando continuidade a proxectos como o de Alcalde Ferreiro, Pintor Colmeiro, Calvo Garra e Vidal Abascal.

O Concello de Lalín continúa traballando en ambiciosos proxectos a través dos que mellorar a imaxe do casco urbano e, ao mesmo tempo, incrementar as condicións de accesibilidade, seguridade viaria e mobilidade urbana, aumentando, en definitiva, a calidade de vida dos lalinenses. Dentro destes obxectivos, o concelleiro de Obras, Francisco Vilariño, anunciou hoxe unha nova actuación que neste caso afectará á rúa Monte Faro, onde se acometerá un investimento de 88.698 euros para mellorar de maneira integral esta vía acometendo tanto a reconstrución das beirarrúas de ambas marxes, como a reposición do firme da calzada. Os fondos para esta intervención proceden dos remanentes da conta de 2017, polo que o proxecto deberá ser aprobado por maioría plenaria.

Francisco Vilariño, que visitou esta mañá a mencionada rúa, indicou que esta actuación foi moi solicitada polos veciños e veciñas, polo que a súa execución servirá para dar resposta a unha vella demanda veciñal. Ao mesmo tempo, o titular de Obras puxo de manifesto que a intervención responde ao compromiso e á firme aposta do Goberno municipal por mellorar as rúas céntricas e cunha alta densidade poboacional, así como con alta actividade comercial. Porén, o edil destacou que nesta materia o Concello está realizando un esforzo sen precedentes en Lalín grazas ao que se vai transformar o centro da vila mellorando completamente a súa imaxe e facendo os espazos urbanos máis atractivos, de maneira que se beneficie a veciños e comerciantes e, ao mesmo tempo se incrementan as condicións de accesibilidade, mobilidade e seguridade viaria. Este proxecto complementa os xa anunciados para o acondicionamento integral das rúas Alcalde Ferreiro, Pintor Colmeiro, Calvo Garra e Vidal Abascal e vai na liña doutros que se presentarán proximamente.

O treito que se vai acondicionar é o comprendido entre as rúas B e Luís González Taboada, contando cunha lonxitude total de 175 metros de longo por 12 de ancho. A vía presenta un carril de dirección única e con dúas zonas de aparcamento lateral que se van conservar. As beirarrúas están na súa maior parte en mal estado con plaquetas rotas e outras desniveladas pola falta dunha base de formigón, o que tamén provoca diferencias de continuidade e altura entre as arquetas e o resto de pavimento. Por outra banda, o pavimento da rúa atópase na actualidade con considerables fochancas e moi cuarteado, polo que é preciso acometer unha renovación.

Así, as actuacións a realizar comprenderán o levantado das actuais beirarrúas e a posterior colocación de novas lousas rectangulares e do bordo formigón. As novas lousas serán rectangulares e darán continuidade ás xa existentes na avenida González Taboada, xa que serán das mesmas características. Por outra banda repararase por completo o firme de aglomerado previa retirada dunha capa de 5 centímetros do existente para evitar que a rúa gañe espesor.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín