O CONCELLO ORGANIZA 4 ACTIVIDADES DENTRO DA SEMANA DO CORAZÓN

O CONCELLO ORGANIZA 4 ACTIVIDADES DENTRO DA SEMANA DO CORAZÓN
Luns 18 de Septembro de 2017 - Entre as iniciativas enmarcadas no programa destaca a participación de clubs e deportistas locais a través de imaxes promocionais.

O concello vén de presentar as actividade do Concello no marco da Semana do Corazón, organizada a nivel estatal pola Sociedade Española do Corazón coa intención de sensibilizar a poboación sobre a necesidade de tomar hábitos saudables para evitar a enfermidade cardiovascular. O 29 de setembro celébrase o Día Mundial do Corazón. No acto participaron o concelleiro de Sanidade, Nicolás González Casares, e a enfermeira contratada polo Concello, Cristina Taboada.

O Concello de Lalín, baixo o lema “por un corazón feliz” organizará diferentes actividades dentro desta iniciativa, que ao mesmo tempo se inclúen no programa “Lalín cardioprotexido”. Lalín é a primeira vez que participa na Semana do Corazón e este ano é o único municipio de Galicia e facelo.

Entre as iniciativas enmarcadas no programa destaca a participación de clubs e deportistas locais a través de imaxes promocionais. Así mesmo, a carreira solidaria nocturna das festas das Dores do día 22 tamén se enmarca na actividade, debido aos beneficios que produce a actividade física para o corazón. Por outra banda, o día 28, terá lugar unha charla no casino impartida pola cardióloga Pilar Masón, que falará dos factores de risco cardiovasculares e as formas de vida saudables. Por último, o día 29, haberá diferentes actividades na Praza da Igrexa durante todo o día.

Roteiros de Lalín