O CONCELLO OFRECE ESTE ANO 390 PRAZAS DE CAMPAMENTOS, DAS QUE MÁIS DA METADE É GRATUÍTA

O CONCELLO OFRECE ESTE ANO 390 PRAZAS DE CAMPAMENTOS, DAS QUE MÁIS DA METADE É GRATUÍTA
Xoves 1 de Xuño de 2017 - As prazas reservaranse por estrita orde de iscrición. O prazo habilitarase nos próximos días e permanecerá aberto ata principios do próximo mes. O Concello realiza coa proposta de campamentos unha firme aposta pola conciliación e a atención social.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, vén de presentar a oferta de campamentos municipais e a Escola de Verán para este ano. O prazo de inscrición comezará nos próximos días e permanecerá aberto ata final de mes. As prazas reservaranse por estrita orde de inscrición.

O Concello de Lalín oferta un total de 390 prazas das que máis da metade é gratuíta, o que reflicte unha firme aposta pola atención social e a conciliación.

CAMPAMENTOS URBANOS . Cota de 35 euros e 25 por irmán.

1ª Quenda, 3-14 xullo (4-8 anos). 20 Prazas (8 gratuítas).

2ª Quenda, 17-31 xullo (4-8 anos). 30 Prazas (9 gratuítas).

3ª Quenda, 1-14 de agosto (4-8 anos). 20 Prazas (10 gratuítas).

4ª Quenda, 16-29 de agosto (4-8 anos). 30 Prazas (7 gratuítas).

CAMPAMENTO DO MAR EN CABANA DE BERGANTIÑOS. Cota de 112,50 euros.

1ª Quenda, 1-9 de agosto (9-12 anos). 40 Prazas (13 gratuítas).

2ª Quenda, 10-18 de agosto (13-17 anos). 40 Prazas (13 gratuítas).

ESCOLA DE VERÁN. Cota de 65 euros con comedor e 35 sen comedor.

1ª Quenda, 3-14 de xullo (4-17 anos). 45 Prazas (34 gratuítas).

2ª Quenda, 17-31 de xullo (4-17 anos). 45 Prazas (34 gratuítas).

3ª Quenda, 1-14 de agosto (4-17 anos). 35 Prazas (26 gratuítas).

4ª Quenda, 16-29 de agosto 4-17 anos). 45 Prazas (34 gratuítas).

CAMPAMENTO DE NADAL. Cota de 21 euros e 15 por irmán.

21, 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro (4-8 anos). 40 Prazas (13 gratuítas).

Roteiros de Lalín