O CONCELLO INICIARÁ A PRÓXIMA SEMANA OS TRABALLOS DE REPARACIÓN DA RÚA 4 E DA XUNTA DE DILATACIÓN DA PONTE DO AUDITORIO

O CONCELLO INICIARÁ A PRÓXIMA SEMANA OS TRABALLOS DE REPARACIÓN DA RÚA 4 E DA XUNTA DE DILATACIÓN DA PONTE DO AUDITORIO
Venres 4 de Agosto de 2017 - A empresa encargada de realizar os traballos será Taboada e Ramos, que realizou a oferta máis vantaxosa das recibidas no proceso de contratación. A execución deste proxecto é moi importante para favorecer unha cómoda e segura circulación de vehículos por estas estradas.

O Concello de Lalín vén de adxudicar o proxecto de arranxo mediante reforzo e pavimetación da denominada rúa 4, e a reparación da fochanca da ponte do auditorio mediante a instalación dunha xunta de dilatación. A empresa encargada de realizar os traballos será Taboada e Ramos, que realizou a oferta máis vantaxosa das recibidas no proceso de contratación. O Concello conta para estas obras cun orzamento de 22.437 euros.

Así, está previsto que as actuacións dean comezo a próxima semana. A estrada que se vai arranxar, situada na zona de Feás, presenta un pavimento de base de grava moi deteriorado na súa superficie, con visibles irregularidades. Porén, a súa reparación é moi importante para os veciños e veciñas desta zona, que demandaban o seu asfaltado dende hai moito tempo. Do mesmo xeito, darase inicio ás obras de reparación da xunta da ponte do auditorio, na Rolda Leste. Recentemente procedeuse á pavimentación deste vial, mais non se proxectou o cambio da xunta do taboleiro, o que provocou a aparición simultánea dunha greta ao longo das unións, cos conseguintes baches. A execución desta actuación favorecerá unha cómoda e segura circulación de vehículos por unha das estradas máis importantes da vila, que foi recuperada polo Concello do estado deplorable no que a deixou o anterior goberno.

Reunión Matemático Rodríguez

O concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, informa de que a próxima semana, previamente ao peche da rúa Matemático Rodríguez por mor das obras de humanización, terá lugar unha reunión na que ademais do propio concelleiro participará a Policía Local e os taxistas que fan uso da parada desta zona. O obxectivo do encontro será abordar o corte desta rúa en conxunto tratando de causar as mínimas molestias posibles. 

Roteiros de Lalín