O CONCELLO INICIA A PRÓXIMA SEMANA UN NOVO CALENDARIO DE CHARLAS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA EN DIFERENTES PARROQUIAS DE LALÍN

O CONCELLO INICIA A PRÓXIMA SEMANA UN NOVO CALENDARIO DE CHARLAS SOBRE A AVESPA ASIÁTICA EN DIFERENTES PARROQUIAS DE LALÍN
Martes 17 de Abril de 2018 - As primeiras reunións para a veciñanza terán lugar o luns en Sello e o martes en Cercio e estarán impartidas polos apicultores David Liñares e Jorge Peña, ademais de persoal do GES de Lalín. Informarase sobre a problemática que entraña esta invasora e sobre os métodos de loita máis eficaces para a súa erradicación. Miguel Medela lembra que a colaboración veciñal é fundamental para a eliminacións de velutinas.

O concelleiro de Rural, Miguel Medela, informou hoxe de que o Concello de Lalín iniciará a vindeira semana un novo calendario de charlas informativas sobre a avespa asiática que lle dará continuidade ao ciclo de reunións celebrado o ano pasado e que, unha vez máis se vai desenvolver nas diferentes parroquias do municipio. O edil explica que o obxectivo é “informar á veciñanza sobre a problemática que entraña esta especie invasora e sobre os métodos de loita máis eficaces para a súa erradicación”. As charlas correrán a cargo dos expertos apicultores David Liñares e Jorge Peña, que estarán sempre acompañados dun integrante do GES de Lalín.

As primeiras reunións terán lugar o luns, 16 de abril. A primeira delas levarase a cabo, ás 21.00 horas, no local social de Sello, nunha iniciativa á que están convidada a veciñanza desta parroquia, así como a de Palmou, Bermés, Erbo e Fontecabalos. En conxunto, este ciclo de encontros informativos desenvolveranse de acordo coa seguinte programación:

CHARLAS DAVID LIÑARES

16-4-18 LOCAL SOCIAL SELLO (PALMOU, BERMÉS, SELLO, ERBO e FONTECABALOS)

17-4-18 LOCAL SOCIAL CERCIO (GALEGOS, CERCIO, CAMPOSANCOS, VAL DO CARRIO, CELLO, CANGAS, PALIO e RODÍS)

18-4-18 LOCAL SOCIAL VILATUXE (SOUTOLONGO, DOADE, LODEIRO, VILATUXE, ZOBRA e LEBOZÁN)

19-4-18 LOCAL SOCIAL DONRAMIRO (DONSIÓN, BOTOS, MONEIXAS e DONRAMIRO)

20-4-18 LOCAL SOCIAL NOCEDA (PRADO, NOCEDA, MADRIÑÁN, MÉIXOME, BUSTO, ANZO e LOSÓN)

23-4-18 LOCAL SOCIAL DA XESTA (VILANOVA, A XESTA e CATASÓS)

25-4-18 LOCAL SOCIAL GOIÁS (LALÍN DE ARRIBA e GOIÁS)

CHARLAS JORGE PEÑA

24-4-18 LOCAL SOCIAL MUIMENTA (CADRÓN, MUIMENTA, A VEIGA, PARADA e ALPERIZ)

25-4-18 LOCAL SOCIAL FILGUEIRA (XAXÁN, FILGUEIRA, BENDOIRO e SANTISO)

27-4-18 LOCAL SOCIAL GRESANDE (BARCIA, ANSEÁN, GRESANDE e CRISTIMIL)

28-4-18 LOCAL SOCIAL MACEIRA (ALEMPARTE,MACEIRA, ALBARELLOS e CASTRO DE CABRAS)

O obxectivo desta iniciativa é o de dar a coñecer entre a poboación o conflito creado por este invasor e sensibilizala sobre a necesidade de proceder á súa erradicación colaborando na localización de niños e na eliminación mediante trampeo de exemplares.

O trampeo en primavera é fundamental, pois é a época na que as raíñas de velutina “espertan” e comezan a instalar os novos niños, de modo que cada raíña capturada supón un niño menos e, polo tanto, unhas 20.000 avespas obreiras menos. Lalín atópase entre os concellos de Galicia de alto risco pola presenza de velutinas, o que fai moi importante a posta en marcha de accións de loita contra este insecto mediante a colaboración cidadá, xa que a súa presenza non afecta só aos apicultores, senón que repercute noutros moitos sectores e provoca alarma social.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín