O CONCELLO HABILITA 2 NOVAS AULAS NO AUDITORIO DE MUIMENTA NAS QUE IMPARTIRÁ CLASES A ESCOLA DE MÚSICA

O CONCELLO HABILITA 2 NOVAS AULAS NO AUDITORIO DE MUIMENTA NAS QUE IMPARTIRÁ CLASES A ESCOLA DE MÚSICA
Luns 11 de Septembro de 2017 - A obra permite mellorar considerablemente o edificio e optimizar os seus espazos de cara a unha distribución máis eficiente e práctica dos mesmos. Con esta actuación dáse resposta a unha das principais demandas da Escola de Música e da Banda de Muimenta. O Goberno local foi dando saída dende a súa toma de posesións aos diferentes compromisos adquiridos para a mellora do centro.

O Concello de Lalín dou por rematadas as obras de reforma do auditorio de Muimenta iniciadas no pasado mes de agosto. O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Rural, Miguel Medela, visitaron esta mañá a instalación para supervisar o remate dunhas actuacións que permitiron ampliar o número de estancias no Auditorio, habilitando, en concreto, dous novos espazos nos que se poderán impartir clases e desenvolver diferentes actividades e, desta maneira, dar resposta ás necesidades da Escola de Música desa parroquia.

Como lembrou o rexedor, esta era unha das principais demandas da asociación de Pais e Nais da Banda de Música, que xa fora trasladada ao alcalde e ao concelleiro Tomás Vilariño nun encontro que mantiveron en abril para coñecer de primeira man as súas peticións, co obxectivo de mellorar as instalacións deste edificio e optimizar os seus espazos de cara a unha distribución máis eficiente e práctica dos mesmos. Alén da reforma do edificio, o Concello realizou paralelamente outras actuacións para a mellora do sistema eléctrico, así como o acondicionamento da rampla de acceso exterior, coa colocación dunha varanda de madeira e o pintado da mesma.

O Goberno local foi dando saída dende a súa toma de posesións aos diferentes compromisos adquiridos para a mellora do centro. Entre as actuacións máis salientables das executadas no auditorio destaca a instalación dunha caldeira de última xeración e dun novo sistema de radiadores para climatizar o local no inverno. Así mesmo, o Concello procedeu ao pintado do auditorio completo, inclusive da sala que hai na entrada. Tamén se pintaron e arranxaron as portas exteriores e interiores coa colocación de pechaduras de seguridade, limpouse a fachada que estaba cuberta de verdín, reparáronse as luces de emerxencia e enmoquetáronse as escaleiras, entre outras cuestións.

O alcalde destaca “o compromiso do Goberno tanto coa Banda de Muimenta, como coa veciñanza da parroquia, como se mostra coas actuacións realizadas no auditorio e coas proxectadas para outros puntos da localidade”

Roteiros de Lalín