O CONCELLO FELICITA A JAVI BUSTO, QUE VÉN DE PROCLAMARSE CAMPIÓN DE EUROPA MÁSTER DE BTT POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO

O CONCELLO FELICITA A JAVI BUSTO, QUE VÉN DE PROCLAMARSE CAMPIÓN DE EUROPA MÁSTER DE BTT POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO
Martes 24 de Abril de 2018 - Estende as felicitacións a todo o equipo La Gramola Extol-Team e, en especial, ao corredor, Esteban Sánchez, que venceu na Transgalaica.

O Concello de Lalín dálle os seus parabéns en nome de todo o pobo de Lalín ao ciclista local Javi Busto, que acaba de proclamarse campión de Europa Máster de BTT na modalidade de maratón tras a competición disputada este domingo na localidade italiana de Dolomitas. O deportista lalinense faise con este título por segundo ano consecutivo e segue así aumentando o seu extenso palmarés deportivo, converténdose nunha das referencias galegas do ciclismo e reafirmándose como un dos deportistas de maior bagaxe a nivel local. O Concello felicita a Busto, non só polo título que vén de alcanzar, senón tamén polas excelentes tempadas que está realizando ao longo dos últimos anos. Para o Goberno, os éxitos de Javi Busto son un orgullo para todas e todos os lalinenses, e a súa traxectoria está contribuíndo a fomentar a afección pola BTT no municipio.

Por outra banda, o Concello estende os parabéns a todo o equipo de LA Gramola-Extol Team e, en especial, felicita ao xove corredor de O Corpiño, Esteban Sánchez, que a pasada semana se coroou como campión do circuíto Trasgalaica, agardándolle aínda moitos éxitos futuros.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín