O CONCELLO E O IES LAXEIRO POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA DE LECTURA EN VERÁN

O CONCELLO E O IES LAXEIRO POÑEN EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA DE LECTURA EN VERÁN
Mércores 21 de Xuño de 2017 - Por cada 3 libros que os usuarios e usuarias collan en préstamo durante o verán recibirán unha mochila e un diario de lectura como agasallo.

A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, xunto coa mestra e o director do IES Laxeiro, Gracia Santorum, e Uxío Grande, presentaron onte a nova campaña de lectura e animación de verán activada pola concellería de Cultura e o centro de ensino.

Lara Rodríguez explicou que por cada 3 libros que os usuarios e usuarias collan en préstamo durante o verán recibirán unha mochila e un diario de lectura como agasallo. Trátase dun xeito de incentivar a lectura durante o estío, unha época moi apropiada para ler, posto que normalmente os estudantes teñen máis tempo libre para facelo. A idea de agasallar un diario de lectura ten a intención de que os lectores poidan ir apuntando as obras que foron consumindo así como anotacións e impresións sobre as mesmas.

Roteiros de Lalín