O concello de Lalín reparte mañá un centenar de invitacións para asisitir ao espesctáculo Brica-Bolechas

Venres 21 de Decembro de 2012 - Lalín acolle o 3 de xaneiro no Auditorio Municipal o espectáculo musical Brinca-Bolechas no que os protagonistas son os persoeiros de comic e debuxos de televisión deseñados polo debuxante Pepe Carreiro. As invitacións poderán recollerse na mañá do sábado, a partir das 10:00 horas, no rexistro do Concello.

As invitacións, que comezarán a repartirse ás 10:00 no rexistro municipal, entregaranse a razón de unha por cada persoa que acredite estar empadroada en Lalín e só unha invitación por persoa. Cada invitación da dereito a canxeala no portal de venta de entradas Serninova por dúas entradas para o evento que dende este servizo mandarán a un correo electrónico que se indique.

As invitacións entregaranse hasta finalizar as 86 que lle entregou a organización do evento ao Concello de Lalín

Roteiros de Lalín