O CONCELLO DE LALÍN RECIBE 6.610 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DO FONDO BIBLIOGRÁFICO E A ADQUISICIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS

O CONCELLO DE LALÍN RECIBE 6.610 EUROS PARA A AMPLIACIÓN DO FONDO BIBLIOGRÁFICO E A ADQUISICIÓN DE NOVIDADES EDITORIAIS
Martes 2 de Maio de 2017 - 4.413 son destinados ao reforzo das coleccións bibliotecarias e 2.197 á compra de novidades en galego.

A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, vén de anunciar que o Concello de Lalín recibiu un total de 6.610 euros procedentes de dúas subvencións concedidas pola consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, destinadas a aumentar, por unha parte, o fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal Varela Jácome e á adquisición, por outra, de novidades editoriais.

No primeiro caso a achega concedida foi de 4.413 euros e a través da mesma o Concello está a mellorar o fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal coa adquisición mensual de novos libros cos que se trata de dar resposta ás demandas dos usuarios. Por outra banda, para a adquisición de novidades bibliográficas, o Concello de Lalín recibiu unha achega de 2.197. Con esta partida poderanse mercar obras en galego editadas en 2016 ou no presente ano por empresas editoriais que participan neste proxecto.

Lara Rodríguez fixo fincapé nos esforzos do Goberno de Lalín por actualizar a colección bibliográfica da Biblioteca Pública con novas coleccións que reforcen e melloren os servizos bibliotecarios e a oferta bibliogéfica e, ao mesmo tempo, fomenten a lectura entre a cidadanía, en especial, entre os máis novos.

Roteiros de Lalín