O CONCELLO DE LALÍN PROCEDERÁ A SINALIZAR O LUGAR DE SAN PAIO EN TRES CRUZAMENTOS DA ESTRADA PO-534

O CONCELLO DE LALÍN PROCEDERÁ A SINALIZAR O LUGAR DE SAN PAIO EN TRES CRUZAMENTOS DA ESTRADA PO-534
Xoves 18 de Maio de 2017 - A Axencia Galega de Infraestruturas vén de remitir a pertinente autorización tras a solicitude do concelleiro de Rural. A petición realizouse despois de constatar as dificultades para localizar o lugar por pos servizarte dos de emerxencia durante unha actuación.

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de autorizar ao Concello de Lalín a levar a cabo as actuacións necesarias para sinalizar o lugar de San Paio na estrada PO-534. A petición foi realizada o pasado mes de marzo polo concelleiro do Rural, Miguel Medela, despois de constatar as dificultades para localizar este punto por parte dos servizos de emerxencia que acudiran á zona a realizar unha actuación.

Co obxectivo de evitar no futuro posibles situacións deste tipo, o Concello procederá a colocar seis sinais de dirección ao lugar de San Paio que se distribuirán da seguinte maneira: dúas na marxe esquerda do punto quilométrico 5,500, dúas na marxe esquerda do punto quilométrico 6,080 e outras dúas na marxe esquerda do punto quilométrico 6,860. Os sinais que se autorizan corresponderán coa sinalética municipal máis moderna das xa existentes na zona.

Desta maneira, os indicadores serán rectangulares, de letra maiúscula negra sobre fondo branco e incluirán o nome do Concello con letra branca en fondo verde e da parroquia en letra branca con fondo marrón. Ademais, a autorización remitida pola Axencia Galega de Infraestruturas marca un prazo máximo de seis meses para colocación desta sinalización, aínda que o concelleiro do Rural indica que se axilizará a súa instalación para que estea lista no menor prazo de tempo posible.   

Roteiros de Lalín