O CONCELLO DE LALÍN LICITA A ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA21

O CONCELLO DE LALÍN LICITA A ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA21
Mércores 24 de Xaneiro de 2018 - González Casares sinala que a contratación servirá para impulsar e apoiar a xestión e seguimento das actividades e proxectos desta Estratexia DUSI. Lembra, ademais, que a contratación destes servizos é de obrigado cumprimento por parte das entidades beneficiarias.

A Xunta de Goberno Local, na sesión de 15 de xaneiro de 2018 iniciou os trámites para contratar o servizo denominado “ASISTENCIA TÉCNICA PARA EL APOYO, GESTIÓN Y SEGUIMIENTO DE LAS ACTIVIDADES Y PROYECTOS, ASÍ COMO PARA LA COMUNICACIÓN, INFORMACIÓN Y PUBLICIDAD DE LA ESTRATEGIA DUSI “LALÍN SSUMA 21”, COFINANCIADA EN UN 80% POR EL FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL (FEDER) MEDIANTE EL PROGRAMA OPERATIVO DE CRECIMIENTO SOSTENIBLE (POCS) 2014-2020”(CSEDUSI012017), para tal efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares e os seus anexos, prego de prescricións técnicas e anexos, autorizou o gasto, e ordenou anunciar a licitación.

A documentación e información deste proceso debe solicitarse no departamento municipal de contratación nun prazo máximo de 15 días a partir de hoxe. Tamén se poderá descargar a través do apartado do perfil do contratante da web municipal www.lalin.gal.

O obxecto do contrato é o de contratar os Servizos de Asistencia Técnica para impulsar e apoiar na xestión e seguimento das actividades e proxectos da Estratexia de “Desarrollo Urbano y Sostenible e Integrado” (DUSI) “Lalín Ssuma 21”, así como de comunicación e información da citada Estratexia. O contrato ten un prazo de execución de 3 anos e un valor estimado por estes 3 anos de 134.932,14 euros.

As entidades participantes neste proceso aberto deberán acreditar solvencia financeira e tamén profesional, aportando, entre outras cuestións, unha relación dos principais servizos realizados nos últimos cinco anos que sexan de igual ou similar natureza aos que constitúen o obxecto do contrato. A data límite de presentación de ofertas é o décimo quinto día natural a contar dende mañá. As ofertas deberá presentarse por rexistro no Concello de Lalín.

O concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, explicou que a contratación da asistencia técnica é necesaria para executar adecuadamente todos os trámites determinados na execución dunha estratexia de tanta complexidade como a LalínSsuma21. Ademais -destaca- a contratación desta asistencia é obrigatoria por parte de todas as entidades beneficiadas, tal e como establece a orde europea que regula estas axudas.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín