O CONCELLO DE LALÍN INICIA UN CICLO DE CURSOS FORMATIVOS PARA FAVORECER A INCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

O CONCELLO DE LALÍN INICIA UN CICLO DE CURSOS FORMATIVOS PARA FAVORECER A INCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL DE COLECTIVOS EN RISCO DE EXCLUSIÓN
Martes 22 de Maio de 2018 - O Concello de Lalín recibiu da Consellería de Política Social unha subvención por importe de 19.844,50 € para a realización de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante. Na mañá de hoxe comezou o curso de autoemprego e cooperativismo impartido pola experta, Raquel Doallo e, pola tarde, o de adquisición de habilidades lingüísticas.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, vén de anunciar o inicio por parte do concello dun ciclo de actividades formativas para favorecer a inclusión social e laboral das persoas e colectivos en risco de exclusión social. Estas actuacións enmárcanse dentro dos programas que desenvolven as corporacións locais para a inclusión social da poboación inmigrante 2017/18, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020, desenvolvidos en colaboración con la Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social.

O Concello de Lalín recibiu da Consellería de Política Social unha subvención por importe de 19.844,50 € para a realización de programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante, entre os que se atopan as presentes actividades formativas:

- Autoemprego e cooperativismo

- Agricultura, gandaría e manexo de maquinaria agrícola e forestal

- Formación adaptada para a adquisición do permiso de conducir

- Adquisición das habilidades lingüísticas e das costumes da sociedade de acollida

- Nivel básico de prevención de riscos laborais

Na mañá de hoxe comezou o curso de autoemprego e cooperativismo impartido pola experta, Raquel Doallo e, pola tarde, o de adquisición de habilidades lingüísticas e coñecemento das costumes da sociedade de acollida.

Os restantes cursos darán comezo ao longo desta semana. Ademais destas actividades formativas, grazas á concesión da subvención por parte da Consellería de Polícita Social, o departamento de Servizos Sociais conta cun servizo de apoio á inclusión sociolaboral de persoas inmigrantes, SAMI (SERVIZO DE ATENCIÓN ÁS MIGRACIÓNS), orientado a reverter procesos de exclusión social e co obxectivo de principal de fortalecer as competencias precisas para posibilitar o acceso ao emprego mediante a elaboración de proxectos de inclusión social e/ou sociolaboral.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín