O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 18 MIL EUROS ÁS BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 18 MIL EUROS ÁS BOLSAS COMPLEMENTARIAS AO ESTUDO
Mércores 12 de Xullo de 2017 - Con esta iniciativa trátase de favorecer que as familias con menos recursos económicos poidan afrontar a adquisición de material escolar e roupa deportiva de cara o curso académico 2016/2017

O concelleiro de Servizos Sociais, Nicolás González Casares, anunciou que o Concello de Lalín vai destinar este ano un total de 18.000 euros ás bolsas complementarias ao estudo. Con esta iniciativa trátase de favorecer que as familias con menos recursos económicos poidan afrontar a adquisición de material escolar e roupa deportiva de cara o curso académico 2016/2017. Os beneficiarios serán os alumnos e alumnas matriculados en centros educativos do concello de Lalín de familias en situación socioeconómica de dificultade.

Con cargo a eses 18.000 mil euros vanse conceder un total de 225 bolsas por valor de 80 euros cada unha. Esta contía será entregada a cada beneficiario mediante un vale (a destinar a material escolar e/ou a textos de lectura) ou dous vales (polo importe do 50 por cento da axuda cada un, a destinar en material escolar e/ou textos de lectura e en material e vestiario deportivo, calzado, etc). Os vales terán que ser cambiados en librerías ou comercio minorista de Lalín –o que permite que esta iniciativa tamén contribúa á dinamización económica deste sector- e polo importe máximo que figura no documento. Co vale achegarase a relación de establecementos nos que se poderán cambiar. Se o importe do material é superior ao valor do vale a diferenza será aboada polo solicitante.

O Boletín oficial da Provincia de Pontevedra publicaou este martes as bases para estas axudas. O prazo de presentación de solicitudes será de un mes a contar dende o día seguinte á publicación do extracto desta convocatoria no BOPPO. As bases completas poden consultarse no seguinte enlace:

http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/07/11/2017031031

Roteiros de Lalín