O CONCELLO CONVOCA OS VECIÑOS DE DONRAMIRO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA ZONA HISTÓRICA INCLUÍDO NO LALÍN SSUMA 21

O CONCELLO CONVOCA OS VECIÑOS DE DONRAMIRO A UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE REHABILITACIÓN DA ZONA HISTÓRICA INCLUÍDO NO LALÍN SSUMA 21
Xoves 31 de Maio de 2018 - Terá lugar este venres, ás 20.30 horas, no local social. Ten especial interese a asistencia de persoas con propiedades na área de afección do castro.

O tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, anunciou hoxe a convocatoria dunha reunión cos veciños e veciñas de Donramiro na que se abordará o proxecto de rehabilitación da área urbana de interese cultural e patrimonial da localidade incluído no proxecto Lalín Ssuma 21 cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) mediante o Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020).

Concretamente, o Concello convida os veciños e veciñas con propiedades na área de afección do castro de Donramiro, onde se vai desenvolver unha parte importante desta intervención. A xuntanza terá lugar o venres, día 1 de xuño, ás 20.30 horas, no local social parroquial.

A reunión servirá para que os residentes coñezan de primeira man a intervención urbanística que se vai desenvolver nesta zona con cargo aos fondos europeos FEDER e para que aporten opinións ou suxestións, pois como lembrou González Casares “o Lalín Ssuma21 é un proxecto colaborativo que, porén, está aberto a todo tipo de suxerencias, propostas e ideas da cidadanía”.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín