O CONCELLO CONTARÁ CUN ESPAZO PUBLICITARIO NA FACHADA DO ANTIGO CINE LALÍN PARA INFORMAR DA ACTIVIDADE CULTURAL MUNICIPAL

O CONCELLO CONTARÁ CUN ESPAZO PUBLICITARIO NA FACHADA DO ANTIGO CINE LALÍN PARA INFORMAR DA ACTIVIDADE CULTURAL MUNICIPAL
Xoves 3 de Decembro de 2015 - O soporte servira principalmente como expositor de anuncios do ámbito cultural ou turístico. Cuíña destacou que este novo uso “será moi positivo para recuperar parte dun edificio histórico e emblemático para Lalín”.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou esta mañá un convenio de colaboración coa fundación Galicia Obra Social, pola que esta entidade lle cede ao Concello o uso da fachada principal do edificio do antigo Cine Lalín, coa finalidade de empregala como punto de información aos veciños e veciñas.

O Concello solicitou tempo atrás a posibilidade de establecer unha vía de colaboración con Galicia Obra Social, ao entender que a fachada en desuso do Cine Lalín, da súa propiedade, sería, polas súas condicións, un espazo moi aproveitable para facilitarlle á cidadanía o acceso á información das actividades que realiza o Concello. A entidade mostrou en todo momento unha boa disposición a colaborar con esta proposta que agora se materializará, aspecto que agradeceu o rexedor. Deste xeito, o Concello contará cun soporte adecuado no que se poderán colocar carteis, anuncios e toda clase de contedores de información municipal, tendo unha clara prioridade aquelas do ámbito cultural, turístico ou institucional.

O soporte expositivo que se instalará no edificio ubicado na rúa do Observatorio, non poderá ser empregado por persoas ou entidades diferentes ao Concello de Lalín. Este aspecto, tal e como destacou Cuíña, “será moi positivo para recuperar parte dun edificio histórico e emblemático para Lalín como é o Cine Balado, que por desgraza na actualidade mostra unha fachada descoidada e ensuciada pola colocación incontrolada de carteis”.

O alcalde adiantou que un dos primeiros usos que se lle dará ao novo soporte expositivo será o de colocar un cartaz promocional da campaña de empadroamento que nestes momentos se está levando a cabo.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín