O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CO CÍRCULO DE RECREO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NAS INSTALACIÓNS DESTA ASOCIACIÓN

O CONCELLO ASINA UN CONVENIO CO CÍRCULO DE RECREO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS NAS INSTALACIÓNS DESTA ASOCIACIÓN
Xoves 27 de Abril de 2017 - O convenio ten unha duración de 3 anos prorrogables por períodos de igual duración ata un máximo de 12 anos.

A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, e o presidente do Círculo de Recreo de Lalín, Alberto Granja, asinaron onte un convenio de colaboración entre o Concello e o Casino, que permitirá a utilización das instalacións desta asociación para a realización de diferentes eventos e actos culturais. Lara Rodríguez destacou a utilidade deste espazo como contedor de diferentes actividades, xa que conta con amplas estancias e cunha ubicación totalmente céntrica. O convenio ten unha duración de 3 anos prorrogables por períodos de igual duración ata un máximo de 12 anos.

Roteiros de Lalín