O CONCELLO APROBA AS BASES DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN DE TRES POLICÍAS LOCAIS

O CONCELLO APROBA AS BASES DE SELECCIÓN PARA A 	CONTRATACIÓN DE TRES POLICÍAS LOCAIS
Xoves 27 de Agosto de 2015 - As instancias para formar parte deste proceso selectivo deben ser presentadas nos 20 días naturais posteriores á publicación das bases nos boletíns oficiais . Para acceder a unha praza será necesario superar unha proba física e outra de carácter teórico.

A concelleira de Emprego e Educación, Katia Procino, vén de anunciar a aprobación por parte do Concello das bases de selección para a contratación de 3 novos policías locais. Ditas contratacións inclúense dentro da oferta de emprego público do Concello para o 2015.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo faranse mediante instancia, que deberá ser presentada durante o prazo de 20 días naturais, tras a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), Diario Oficial de Galicia (DOGA) e Boletín Oficial do Estado (BOE).

Para acceder a unha praza será necesario superar unha proba física e outra de carácter teórico. Neste senso esíxese, ademais, estar en posesión da titulación que se require para ter acceso como funcionario do grupo C1, consorte a normativa de función pública: bacharelato ou técnico. Así, o proceso de selección realizarase segundo o establecido nos procedementos específicos establecidos para as Policías Locais de Galicia na Lei 4/2007 do 20 de abril, de Coordinación de Policías Locais, Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei de coordinación de Policías Locais de Galicia e na Orde do 28 de xaneiro de 2009, pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de mérito para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de Policía Local.

O procedemento selectivo levarase a cabo ao longo do 2015, posto que unha vez rematadas todas as probas e, antes do nomeamento e a posterior toma de posesión, os aspirantes deberán superar o curso de formación teórico-práctico da Academia Galega de Seguridade Pública que está previsto que se inicie en xaneiro de 2016.


PECHE DA OFCINA DE EXPEDICIÓN DO DNI O DÍA 2

Membros do Corpo Nacional de Policía, responsables da oficina de expedición do Documento Nacional de Identidade de Lalín, informaron de que dita oficina permanecerá pechada ao público o vindeiro día 2 de setembro. O motivo é a actualización dos sistemas informáticos e a realización das probas de funcionamento pertinentes de cara á produción do novo D.N.I electrónico 3.0, dende o día 3 de setembro.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín