O CONCELLO APROBA AXUDAS AO TRANSPORTE PARA 150 ESTUDANTES UNIVERSITARIOS E DE CICLOS FORMATIVOS

Martes 15 de Septembro de 2015 - 116 solicitudes foron presentadas por parte de estudantes universitarios, das que 11 se corresponden á modalidade diaria. O Goberno ampliou as subvencións ao estudantado de ciclos medios e incrementou a cantidade destinada a este fin de 9.000 a 15.000 euros.

A concellería de Benestar Social acaba de facer pública a resolución das bolsas de axuda ao trasporte de estudantes para o curso 2015/2016 que acaba de comezar. Este ano o actual Goberno decidiu incrementar estas bonificacións e facelas extensibles a estudantes que cursen ciclos formativos de grado medio, para tratar de axudar ao maior número de cidadáns. Así, se no curso 2014/2015 se investiron 9.000 euros, para este ano a cifra asignada polo Concello ascende a 15.000 euros.

En total, o departamento de Benestar Social aprobou 150 solicitudes. Todas elas teñen unha bonificación automática e xeral do 35 % sobre o prezo do billete, non obstante, dependendo das particularidades a nivel económico de cada solicitante, a axuda pódese incrementar ata o 55% na modalidade semanal e ata o 75% na diaria.

O maior número de solicitudes foi presentado por estudantado universitario para a modalidade semanal. En total xestionáronse 105 peticións deste tipo, das que 29 recibiron bonificacións a maiores. Para transporte universitario en modalidade diaria (alumnado que se despraza diariamente aos centros), recolléronse 11 solicitudes, todas elas con bonificación. En canto ao servizo de transporte para ciclos formativos de grado superior e medio, recibíronse 29 solicitudes para a modalidade semanal, 4 delas bonificadas, e 5 para o transporte diario, con bonificación no seu conxunto. 

Roteiros de Lalín