O CONCELLO ANIMA ÁS FAMILIAS LALINENSES A PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ACOLLIDA DE REFUXIADOS SAHARAUÍS “VACACIÓNS EN PAZ”

O CONCELLO ANIMA ÁS FAMILIAS LALINENSES A PARTICIPAR NO PROGRAMA DE ACOLLIDA DE REFUXIADOS SAHARAUÍS “VACACIÓNS EN PAZ”
Mércores 8 de Marzo de 2017 - O prazo para formalizar o compromiso de acollida remata o próximo o 16 de marzo e as persoas interesadas poden solicitar información no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 986262637. Na súa estancia os nenos teñen a oportunidade de realizar revisións médicas, melloran con creces a súa alimentación e coñecen outra cultural, ademais de evitar as altas temperaturas do verán no deserto.

O concelleiro de Benestar Social do Concello de Lalín anima a toda a cidadanía do municipio a sumarse á campaña de acollida de nenos e nenas refuxiadas saharauís, que están á busca de familias coas que pasar o verán en Galicia dentro do programa de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí “Vacacións en Paz”. O concelleiro e o responsable na zona da ONG, Pablo Romeo, explican a enorme necesidade de que novas familias acolledoras se sumen en Lalín ao programa. Así, fan fincapé en que o prazo para formalizar o compromiso de acollida xa remata o próximo o 16 de marzo. Porén, as persoas interesadas poden acudir a solicitar información ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Lalín ou no mesmo teléfono da ONG, 986262637. Algúns dos requisitos para poder acoller pasan pola obrigatoriedade de realizar unha xornada formativa onde se explica todo o referente ao programa, así como a situación que vive o pobo saharauí. Tamén se debe aportar certificado de antecedentes penais, así como a carencia de delitos naturais sexuais e obter unha valoración positiva na entrevista coa traballadora social da ONG e certificado médico .

A iniciativa “Vacacións en Paz” lévase a cabo dende 1991 grazas ao movemento solidario co pobo saharauí en Galicia e ante a circunstancia de exilio que vive a poboación saharauí nun conflito que xa perdura no tempo 41 anos e no que Nacións Unidas non acaba de rematar o proceso de descolonización da antiga provincia española. Estas nenas e nenos refuxiados, xunto coas súas familias sobreviven case ao 100% da axuda humanitaria, nun lugar inhóspito, a chamada “Hamada” no suroeste de Arxelia, cerca da cidade de Tinduf, onde arredor de 180.000 saharauís se encontran en campamentos de refuxiados . “Vacacións en Paz” é un programa vital para poboación refuxiada, na que cada ano nos meses de verán -xullo e agosto- nenas e nenos refuxiados se achegan a Galicia. A solidariedade das familias lalinenses tamén se mostra neste programa, sendo en 1998 familias cando as familias do concello deciden participar por primeira vez. Na súa estancia temporal os nenos e nenas teñen a oportunidade de realizar revisións médicas, melloran con creces a súa alimentación, coñecen outra cultura e aprenden as linguas galega e castelá e poñen de manifesto a situación na que vive o pobo saharauí. Así mesmo, convivir con unha familia de acollida permítelles afastarse das altísimas temperaturas con cifras que alcanzan nos campamentos ata os 55 graos en verán.

Roteiros de Lalín