O CONCELLO ADXUDICA POR MÁIS DE 139 MIL EUROS A EXECUCIÓN DA NOVA FASE DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA

O CONCELLO ADXUDICA POR MÁIS DE 139 MIL EUROS A EXECUCIÓN DA NOVA FASE DE URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA
Xoves 13 de Septembro de 2018 - As empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS, presentaron de forma conxunta a oferta máis vantaxosas das 16 que concorreron ao procedemento. Unha vez as compañías acheguen a documentación complementaria e se formalice o contrato, está previsto que as actuacións se inicien despois das festas de Lalín. A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, presidíu hoxe a mesa de contratación na que se propuxo a adxudicación das obras para a nova fase de urbanización da Praza de Galicia. Tras o estudo e análise das 16 ofertas que concorrían ao procedemento de contratación, a proposta mellor valorada polos técnicos municipais, de acordo cos pregos de prescripcións, foi a presentada de maneira conxunta polas empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS SL e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS SL.

Os traballos, que saín cun orzamento de licitación de preto de 170 mil euros, foron adxudicados por un montante total de 139.193,12 euros, que serán financiados con cargo ao superávit de 2016 e que se van executar como investimento financeiramente sostible. Unha vez as adxudicatarias acheguen a documentación complementaria e se formalice o contrato, o Concello prevé que as actuacións se inicien xusto despois das festas de Lalín, unha vez se retiren as atraccións da zona do Regueiriño, xa que non tería sentido facelo antes polos problemas que podería ocasionar para o correcto desenvolvemento das celebracións.

A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que -tal e como xa anunciaran o alcalde, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares- permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva mediante diferentes actuacións de humanización como o executado en Matemático Rodríguez ou os que se van desenvolver nas rúas Principal e Joaquín Loriga.

O deseño da proposta foi deseñada polo arquitecto paisaxista Martín Toimil. O proxecto inclúe unha nova zona de axardinamento central de maior extensión, cunha zona de anfiteatros e pequenos montículos, así como novas plantacións de árbores, un paso central de formigón e melloras na iluminación. O obxectivo é converter este espazo público nunha praza máis apracible, utilizable e humanizada, para facer dela un lugar de encontro e de lecer para todos os lalinenses a través dun proxecto que encaixa dentro da filosofía de modelo urbano que busca o Goberno de Lalín, no que as inversións teñen sempre como prioridade as persoas.

Cuíña e Casares lembraron que o prego de contratación do proxecto de urbanización da Praza de Galicia incluía entre os criterios de mellora que poden presentar as empresas para optar á súa adxudicación, a subministración e plantación dunha unidade dun carballo (quercus rubur). A árbore deberá ser subministrada pola empresa en estado avanzado de crecemento, debendo alcanzar o seu tronco unha circunferencia de entre 30 e 35 centímetros. Así mesmo, deberá ser un exemplar seleccionado pola súa regularidade tanto no seu tronco como na súa masa floral. A empresa deberase encargar de do seu transporte e da súa plantación, así como do seu coidado ata a data de recepción da obra.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín