O CONCELLO ADXUDICA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DA NOVA ROTONDA DE DONRAMIRO QUE SE EXECUTARÁ DURANTE O VERÁN

O CONCELLO ADXUDICA O PROXECTO DE CONSTRUCIÓN DA NOVA ROTONDA DE DONRAMIRO QUE SE EXECUTARÁ DURANTE O VERÁN
Martes 19 de Xuño de 2018 - Construcciones Taboada y Ramos S.L realizará as obras, que foron asignadas por un importe de 160.936,5 euros dun orzamento máximo de licitación de 191.500 mil Rfael Cuíña fixo fincapé en que a rotonda do Monserrat é unha actuación de máxima importancia que servirá para mellorar a fluidez do tráfico e incrementar a seguridade viaria na zona Nicolás González Casares salientou a complexidade do proceso de tramitación e lembrou que o deseño final fai referencia á proximidade do Castro de Donramiro e aos restos arqueolóxicos atopados a

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, asinou esta mañá o decreto de alcaldía polo que se adxudican as obras de construción da nova glorieta entre as avenidas Xosé Cuíña e Montserrat. Este proxecto está financiado con cargo ao superávit da conta de 2016 como investimento financeiramente sostible, polo que, como marca a lei, para a súa adxudicación definitiva foi preciso agardar á aprobación da liquidación do orzamento de 2017. A actuación foi adxudicada á empresa Construcciones Taboada y Ramos S.L por un importe de 160.936,5 euros (IVE incluído), dun orzamento máximo de licitación de 191.500 mil. A outra empresa participante no proceso foi excluída por non cumprir os criterios técnicos establecidos na licitación. O rexedor sinalou que está previsto que as obras dean comezo en xullo co obxectivo de que estean completamente concluídas durante o verán, aínda que isto non se pode asegurar ao 100% debido ás posibles continxencias da obra en cuxa execución é preciso levar a cabo un estrito control arqueolóxico.

Cuíña aproveitou para informar de que, aínda que se agarda causar as mínimas molestias posibles, o inicio do proxecto provocará restricións no tráfico ao seu paso por esta vía. O alcalde fixo fincapé en que a rotonda do Monserrat é unha actuación de máxima importancia, pois servirá para mellorar a fluidez do tráfico e incrementar a seguridade viaria para peóns e vehículos na intersección das avenidas Xosé Cuíña e Madrid -un punto especialmente conflitivo dentro da trama urbana- e permitirá incrementar as condicións da conexión viaria e a accesibilidade entre o casco urbano e Donramiro, dando ademais resposta ás demandas dos veciños e veciñas de Lalín. A glorieta terá 50 metros de radio e ocupará entre 600 y 700 metros cadrados, nuns terreos para cuxa cesión se asinaron diferentes convenios cos 11 propietarios afectados.

Precisamente, o concelleiro de Urbanismo, Nicolás González Casares, explicou que a tramitación deste investimento foi especialmente complexo e laborioso, pois comezou hai xa dous anos coa redacción proxecto, posteriormente levouse a cabo a delimitación dos terreos necesarios e a súa consecución a través de convenios cos propietarios. Así mesmo, antes de comezar o proceso de licitación foi necesario tramitar permisos ante a Dirección Xeral de Patrimonio, xa que a zona de actuación está catalogada no PXOM pola presenza de restos arqueolóxicos. O tenente de alcalde tamén remarcou a relevancia desta obra moi solicitada dende hai anos pola cidadanía, que permitirá mellorar a seguridade viaria e eliminar unha “berreira” de acceso histórica entre as localidades de Donramiro e Lalín. Finalmente o concelleiro lembrou que coa realización da rotonda se dá cumprimento a un dos puntos recollidos no pacto de Goberno e, ademais, se dá saída a unha actuación tamén demandada por acordo plenario.

O deseño da nova rotonda, tal e como se estableceu no prego de prescricións técnicas referentes á solución estética, ten unha escultura que fai referencia a proximidade do Castro de Donramiro e aos restos arqueolóxicos atopados na zona como elemento central. Así mesmo, trátase dunha proposta que embelecerá a zona e que garda perfecta harmonía e integración estética grazas ao conxunto de elementos propostos coas glorietas próximas, como a rotonda do Alto de Vales, a rotonda de Willy e a rotonda de conexión da rúa Corredoira coa rúa da Ponte.

Concretamente, a proposta emula aos antigos castros e aludinde á cultura e a tradición popular, mesturando tradición e progreso. A disposición dos elementos de ferro e madeira, en espiral cara arriba, reforzan o sentido castrexo ó mesmo tempo que fala de evolución e progreso. O seu basto acabado outórgalle un carácter efémero e afastado no tempo, á vez que o se fai próximo e cotiá para os veciños. Dada a proximidade co punto quilométrico cero, cada un dos catro postes centrais diríxense cara cada un dos puntos cardinais, correspondendo ao oeste o poste máis alto. Os ocos xogan un papel importante, non só no volume e equilibrio da escultura, senón tamén co propósito de conseguir algún interesante efecto de luz.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín