O COCIDO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE LALÍN PERMITE RECADAR 2.159 EUROS PARA ASPADEZA

O COCIDO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE LALÍN PERMITE RECADAR 2.159 EUROS PARA ASPADEZA
Xoves 22 de Marzo de 2018 - O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, fixo entrega simbólica dos cartos a representantes desta entidade sen ánimo de lucro.

A terceira edición do Cocido Solidario organizado polo Concello de Lalín durante os actos de celebración da pasada Feira do Cocido permitiron recadar un total de 2.159 euros para a Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual da Comarca de Deza (Aspadeza). Esta cantidade foi recadada grazas ás aportacións dos asistentes á comida como aos donativos realizados por persoas que non participaron no xantar.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, fixo hoxe entrega simbólica dos cartos a representantes desta entidade sen ánimo de lucro despois de que o pasado mes de xaneiro se asinase o convenio mediante o que o “Cocido Solidario” se celebraría este ano en beneficio de Aspadeza. Así mesmo, no acto participaron responsables do Pazo de Bendoiro, onde este ano se celebrou o ágape. Esta iniciativa – que substituíu por terceiro ano á anterior comida oficial - pretende aproveitar os actos da Feira do Cocido para colaborar no cumprimento de accións sociais.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín