O CENTRO SOCIAL DOS MAIORES ACOLLE O DÍA 28 UNHA CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN DE ESTAFAS E TIMOS DIRIXIDA Á TERCEIRA IDADE

O CENTRO SOCIAL DOS MAIORES ACOLLE O DÍA 28 UNHA CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN DE ESTAFAS E TIMOS DIRIXIDA Á TERCEIRA IDADE
Martes 25 de Abril de 2017 - Terá lugar a partir das 19.00 horas e será impartida polo sarxento da Garda Civil, Luis López Dapena.

O Concello de Lalín -a través da concellería de Benestar Social- colabora coa Garda Civil na organización dunha charla sobre a prevención de estafas e timos dirixida á cidadanía da 3ª idade, que terá lugar o vindeiro venres, día 28 de abril, ás 19.00 horas, no Centro Social dos Maiores de Lalín. A actividade enmárcase dentro do “Plan Maior Seguridade” posto en marcha polo Ministerio do Interior e será impartida polo sarxento da Garda Civil Luis López Dapena.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, explicou que a finalidade desta charla é a de fomentar a toma de conciencia por parte dos participantes sobre a necesidade de tomar diversas precaucións e medidas de seguridade de cara a previr roubos, estafas ou timos. Neste sentido lembrou que este tipo de accións delitivas séguense producindo e afectan con moita frecuencia a colectivos vulnerables como o de persoas maiores. 

Roteiros de Lalín