O ALCALDE SOLICÍTALLE Á DIRECTORA DO CENTRO ASOCIADO DA UNED QUE REALICE UNHA PROPOSTA DE TÍTULACIÓNS ADAPTADA AO CONCELLO DE LALÍN

O ALCALDE SOLICÍTALLE Á DIRECTORA DO CENTRO ASOCIADO DA UNED QUE REALICE UNHA PROPOSTA DE TÍTULACIÓNS ADAPTADA AO CONCELLO DE LALÍN
Mércores 30 de Agosto de 2017 - Rafael Cuíña amosou o seu interese por todo o relacionado coas enxeñerías agroindustriais e agrogandeiras, que permitirían ofrecer formación para a modernización dun dos sectores máis importantes para a economía do municipio.

O alcalde de Lalín e a directora do Centro Asociado da UNED Pontevedra mantiveron este mediodía unha reunión para analizar a posibilidade de reabrir a aula que este centro formativo tiña en Lalín, dando cumprimento deste xeito ao acordo plenario adoptado no Pleno do pasado mes de febreiro. Rafael Cuíña e Beatriz Rodríguez López valoraron as diferentes fórmulas para retormar esta iniciativa, da que, tal e como explicou o rexedor, o Goberno decidiu prescindir no seu día tras unha rigorosa análise económica que demostraba que o servizo era moi deficitario debido ao elevado custe que supoñía mantelo operativo malia o escaso número de alumnos e titulacións que ofrecía. Por iso, o alcalde solicitoulle á directora do centro asociado que -previa solicitude formal do Concello- realizase unha proposta das titulacións e servizos que pode ofrecer e que sirvan para cubrir as necesidades académicas específicas dun concello como o de Lalín. Á marxe das clases para as probas de acceso universitario, Rafael Cuíña amosou o seu interese por todo o relacionado coas enxeñerías agroindustriais e agrogandeiras, que permitirían ofrecer formación para a modernización dun dos sectores máis importantes para a economía do municipio e da comarca. Ao mesmo tempo, o alcalde quixo agradecer a dispoñibilidade e a actitude colaboradora e construtiva da directora do  Centro Asociado da UNED Pontevedra, coa que se seguirá en contacto para continuar coas negociacións.  

Roteiros de Lalín