MELLORAS PARA A SEGURIDADE VIARIA NA PARROQUIA DE CRISTIMIL

MELLORAS PARA A SEGURIDADE VIARIA NA PARROQUIA DE CRISTIMIL
Mércores 26 de Xullo de 2017 - Realizáronse actuacións á altura do lugar de Mato

O tenente de alcalde e o concelleiro de Rural. Nicolás González Casares e Miguel Medela,  comprobaron esta semana o resultado das actuacións para a mellora da seguridade viaria na estrada que vai de Vilatuxe a Prado. En concreto, habilitáronse (tal e como lle solicitou o Concello de Lalín á Deputación provincial -e de acordo coas demandas da veciñanza da zona-) elementos de calmado do tráfico rodado á altura do lugar de Mato, en Cristimil. O seu obxectivo é o de reducir a velocidade dos vehículos que circulan por unha vía que, nesa zona, estaba limitada ata o de agora a 50 quilómetros por hora e que rexistra unha gran afluencia de viandantes ao estar rodeada de vivendas e moi próxima ao local social da parroquia. O organismo provincial levou a cabo a construción dun paso de peóns sobreelevado e colocou bandas reductoras da velocidade na entrada do núcleo, en dirección a Prado. Asemade, as actuacións complementáronse co acondicionamento das cunetas e a construción dunha pequena rampa que permitirá garantir a mobilidade na entrada ao paso de peóns. Tamén se reduciu o límite de velocidade na vía a 30 quilómetros por hora. O Concello de Lalín xa solicitou máis melloras deste tipo nas estradas de titularidade provincial que atravesan o municipio.

Roteiros de Lalín