LALÍN SSUMA 21 ESTREA PÁXINA WEB

LALÍN SSUMA 21 ESTREA PÁXINA WEB
Venres 8 de Xuño de 2018 - Trátase dunha ferramenta útil e visual con toda a información sobre a estratexia e con buzóns de participación.

Esta mércores presentouse no concello de Lalín a nova páxina web da estratexia Dus, Lalín Ssuma 21, cofinanciada nun 80% por fondos FEDER no marco do programa operativo de crecemento sustentable (POCS) 2014-2020.

Na rolda de prensa participaron o tenente de alcalde e coordinador da estratexia, Nicolás González Casares, o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Tomás Vilariño, e o encargado de deseñar o portal, o lalinense, Daniel González, pertencente á empresa Dezapps. González Casares explicou que se trata dunha páxina web que foi deseñada adaptándose aos requisitos de Europa, dende onde se marcan unhas esixencias moi determinadas a este respecto, tanto en estrutura como en contidos e explicou que páxina recolle documentación de maneira totalmente accesible, sendo de gran utilidade para calquera cidadán que desexe acceder a información sobre o proxecto.

Tomás Vilariño explicou que o dominio da web é ssuma21.lalin.gal e foi construída mediante unha ferramenta en softtware libre que xa se utilizou para outros portais municipais. É totalmente accesible dende dispositivos móbiles e encadra a información mediante unhas estrutura dividida nos propios obxectivos temáticos da estratexia (social, sostible, urbano e medioambiental). Vilariño concluíu afirmando que se trata dunha ferramenta que vai ter moita utilidade e que é visual á par que accesible e funcional. Finalmente, Daniel González explicou as cuestións técnicas da páxina realizando unha navegación pola mesma. Sinalou que respectando as condicións marcadas dende Europa tratou de deseñar un portal o máis visual e intuitivo posible. Na páxina inicial atópanse as últimas novas relacionadas coa estratexia e a información (proxectos, expedientes etc) dividida dentro dos obxectivos temáticos nos que se divide o Lalín Ssuma 21. Así memso, explicou que a web conta cun buzón antifraude e cunha pestana de participación cidadá onde a cidadanía pode aportar ideas e suxestións.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín