LALÍN SERÁ ESCENARIO DA SAÍDA E DA CHEGADA DUNHA ETAPA DA XVI VOLTA CICLISTA A GALICIA

LALÍN SERÁ ESCENARIO DA SAÍDA E DA CHEGADA DUNHA ETAPA DA XVI VOLTA CICLISTA A GALICIA
Luns 21 de Agosto de 2017 - Será en setembro e terá o centro de Lalín como punto de inicio e de final.

O concelleiro de Deportes, Nicolás González Casares, vén de informar de que Lalín será escenario, no mes de setembro, dunha das etapas da XVI Volta ciclista a Galicia, organizada pola Federación Galega de Ciclismo. Para o edil, con esta actividade Lalín converterase, unha vez máis, nun dos epicentros do deporte galego. Casares fixo referencia a que este tipo de eventos deportivos de primeira orde coorganizados polo Concello de Lalín serven, ao mesmo tempo, como polo para a atracción de visitantes e para a dinamización socioeconómica do municipio.

Aínda que o concelleiro non revelou máis datos, á espera de que se realice a presentación oficial da proba, anunciou que a etapa terá o centro de Lalín como punto de inicio e de final. 

Roteiros de Lalín