LALÍN INAUGURA O VENRES A CASA CONSISTORIAL

O GRUPO ODAIKO, ANXO LORENZO E "A CARBALLEIRA" PORÁN O BROCHE DE OURO AO ACTO DE INAUGURACIÓN
Xoves 19 de Septembro de 2013 - O presidente da Xunta, Alberto Núñez, e o presidente da Depuitación, Rafael Louzán, acompañarán ao alcalde de Lalín, José Crespo, e á corporación no acto de inauguración que incluirá ademais dos parlamentos e o descubrimento da placa conmemorativa do evento actuacións musicais e espectáculo de luz e cor.

Lalín inaugura mañá a súa nova Casa Consistorial, a partir das 20:00 horas, unha vez que todos os servizos están integrados neste “Castro tecnolóxico” e todos os departamentos xa asentados e a pleno rendemento.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez, e o presidente da Depuitación, Rafael Louzán, acompañarán ao alcalde de Lalín, José Crespo, e á corporación no acto de inauguración que incluirá ademais dos parlamentos e o descubrimento da placa conmemorativa do evento actuacións musicais e espectáculo de luz e cor. 

O preámbulo do acto inaugural será unha sesión plenaria ás 12:00 horas a cargo dun grupo de alumnos dos últimos cursos de Primaria do Xesús Golmar que debaterán no Salón de Plenos da nova consistorial sobre varios temas que foron preparando ao longo dos últimos días. Para este pleno xuvenil, foron elixidos un alcalde, un voceiro, secretario, interventor e os edís que se configuran en diversos grupos para defender distintas posturas. Ademais, un grupo de rapaces asistirá como prensa ao evento para despois redactar no colexio o ocorrido e os outros asistirán como público. Ao remate do plenario, comparecerán ante a prensa _tanto a xuvenil como a dos profesionais da información da zona que desexen asistir_”, na Sala de Prensa, para dar a súa visión do pleno.

Antes do comezo do pleno, realizarán unha visita guiada á consistorial para coñecer o que será o feudo do seu debate e no que mandarán perante unhas horas.

Xa pola tarde, terá lugar o acto oficial de inauguración que comezará sobre ás 20:00 horas ca recepción de autoridades e convidados. Un minuto de silencio na lembranza de Luis Moreno Mansilla, arquitecto xunto a Tuñón da consistorial, que faleceu en Barcelona en febreiro de 2012, pouco despois de presentar o libro do Concello de Lalín na capital dezana.

Despois terá lugar o descubrimento da placa no interior da consistorial ao que seguirán os parlamentos das autoridades presentes e do arquitecto Emilio Tuñón. Ao remate, haberá unha breve visita á consistorial e a sinatura no libro de honra das autoridades no Salón de Plenos que dende onte luce co cadro de Laxeiro “O Naranxo”.

A banda de gaitas da Deputación de Pontevedra será a encargada de aportar as notas musicais nos actos protocolarios e a animación  nos momentos previos á inauguración.

Tralos actos máis protocolarios, sobre as 21:00 horas, dará comezo no hall da consistorial o concerto de Amancio Prada que terá como fondo o cadro de ilustre pintor lalinense Antón Lamazares. Durante unha hora, o cantautor berciano percorrerá algunhas das súas tonadas máis coñecidas.

Unha hora despois, sobre as 22:00 horas, lanzarase o chupinazo que abrirá as festas patronais Virxe das Dores, dende o empedrado de entrada ao Concello e a renglón seguido terá lugar un espectáculo de luz, son e fogos de artificio na fachada da consistorial.

Como remate e fin da inauguración, o grupo Odaiko Percusión Group,o gaiteiro Anxo Lorenzo e o grupo “A Carballeira de Cercio” ofrecerán un espectáculo de primeiro nivel no empedrado situado entre o Concello e a Praza de Galicia. Unha hora e media de música en directo ca espectacularidade da percursión de Odaiko, a música de un dos mellores gaiteiros galegos, Anxo Lorenzo, e o toque local ca elegante danza galego de A Carballeira.

Case catro horas de actividades para inaugurar unha consistorial que arquitectónicamente xa é un referente en Galicia e mesmo a nivel nacional.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín