LALÍN DIVERSO, UNHA INICIATIVA PARA DAR LUZ Á DISCAPACIDADE

LALÍN DIVERSO, UNHA INICIATIVA PARA DAR LUZ Á DISCAPACIDADE
Mércores 22 de Novembro de 2017 - O programa celebrarase na tarde do día 1 e haberá música, xogos, exhibicións, contacontos e ata unha cadea humana.

Onte presentouse no Concello a iniciativa Lalín Diverso, un proxecto sobre integración social conformado por varias actividades que se desenvolverá na Praza de Joaquín Loriga o vindeiro día 1 de decembro. Na presentación do programa participaron o concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, así como os representantes das entidades sociais que organizan esta iniciativa, Pablo Carrón (Aranes), Álex Ferradás, (Working Wheels), Ángeles Baldonedo (Aspadeza) e Julia Enríquez (Afem Morea).

González Casares puxo en valor esta iniciativa a prol da integración das persoas con diversidade funcional, destacando que non hai persoas con discapacidade, senón con capacidades diversas tal e como se amosará nunha xornada de diversión e sensibilización. Ao mesmo tempo dou as grazas as asociacións organizadoras e a todas as persoas e entidades que colaboran por involucrarse e traballar por visualizar a diversidade e facer que Lalín sexa un exemplo neste eido.

O programa celebrarase na tarde do día 1 e haberá música, xogos, exhibicións, contacontos e ata unha cadea humana. 

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín