LALÍN COA MOCIDADE PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE SETEMBRO

LALÍN COA MOCIDADE PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES DURANTE O MES DE SETEMBRO
Martes 29 de Agosto de 2017 - Lalín coa mocidade é un programa de prevención das adiccións e fomento das condutas saudables entre a xuventude. Inscricións na recepción do concello e no correo electrónico mocidade@lalin.gal.

O Concello de Lalín, vén de presentar a iniciativa “Lalín coa mocidade” nunha comparecencia na que participaron o tenente de alcalde e concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, a traballadora social municipal encargada de deseñar o programa, Raquel López, e o representante do equipo de fútbol gaélico de Lalín, que colabora na iniciativa Andrés Fernández.

Lalín coa mocidade é un programa de prevención das adiccións e fomento das condutas saudables entre a xuventude. Trátase dunha proposta ampla que inclúe multitude de actividades dirixidas a mozos e mozas de entre 12 e 30 anos de idade e que ten entre os seus obxectivos promocionar unha conciencia social sobre hábitos saudables, previr condutas de risco, mellorar as alternativas de ocio, ou desenvolver actitudes responsables no ámbito comunitario, entre outras.

As xornadas de ocio alternativo dentro desta iniciativa programadas para o mes de setembro son as seguintes:

7 setembro

Olimpíadas gaélicas. Actividade deportiva organizada polo equipo Herdeiros de Dhais na que se dará a coñecer entre os participantes o fútbol gaélico, un deporte de orixe irlandesa en auxe en Galicia.

8 setembro

Ruta nocturna de sendeirismo pola Fraga de Casas Vellas.

17 de setembro

Xincana de aventuras polo paseo do Pontiñas.

26 de setembro.

Coincidindo co martes das festas patronais terá lugar na Praza das Pipas, un obradoiro de cultura urbana.

Inscricións na recepción do concello e no correo electrónico mocidade@lalin.gal

Roteiros de Lalín