LALÍN CELEBRA A XXX FEIRA DO CABALO

LALÍN CELEBRA A XXX FEIRA DO CABALO
Martes 19 de Xuño de 2018 - No programa de actividades inclúense propostas para o desfrute de todos e todas relacionadas co mundo equino, tales como espectáculos deportivos, carruseis, partido de Horseball, xincanas, Campionato Galego de Enganche, e como espectáculo estrela na tarde do domingo terá lugar un gran espectáculo ecuestre a cargo da Escola de Equitación Centauro no que participarán ducias de persoas e ata 24 animais.

Onte tivo lugar o acto de presentación da Feira do Cabalo de Lalín, que esta fin de semana cumpre 30 anos de vida. O evento é organizado conxuntamente polo Concello de Lalín e pola Asociación Cabaleiros do Deza. No programa de actividades inclúense propostas para o desfrute de todos e todas relacionadas co mundo equino, tales como espectáculos deportivos, carruseis, partido de Horseball, xincanas, Campionato Galego de Enganche, e como espectáculo estrela na tarde do domingo terá lugar un gran espectáculo ecuestre a cargo da Escola de Equitación Centauro no que participarán ducias de persoas e ata 24 animais. Na rolda de prensa acompañaron ao tenente de alcalde, Nicolás González Casares, as representantes de Cabaleiros do Deza, Melisa Granja, Espe Lois e César Brandido.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín