LALÍN ACOLLE O DÍA 3 DE NOVEMBRO UNHA XORNADA SOBRE URBANISMO SOSTIBLE EN GALICIA

  LALÍN ACOLLE O DÍA 3 DE NOVEMBRO UNHA XORNADA SOBRE URBANISMO SOSTIBLE EN GALICIA
Xoves 26 de Outubro de 2017 - Durante a xornada revisarase a situación actual do urbanismo na nosa comunidade, falarase de propostas que están facendo os concellos para mellorar o desenvolvemento urbanos dos seus municipios.

 Lalín vai acoller o vindeiro día 3 de novembro unha xornada sobre Urbanismo Sostible en Galicia organizada polo Concello de Lalín. A actividade presentouse onte en rolda de prensa coa participación do concelleiro de Urbanismo e tenente de alcalde, Nicolás González Casares, quen explicou que o cartel da iniciativa é moi completo e ambicioso, con charlas de expertos, mesas redondas e debates, que servirán para que Lalín marque o foco da atención galega sobre o urbanismo durante este día.

Durante a xornada revisarase a situación actual do urbanismo na nosa comunidade, falarase de propostas que están facendo os concellos para mellorar o desenvolvemento urbanos dos seus municipios e profundizarase sobre os novos enfoques e ferramentas que están implementando os profesionais do urbanismo e da xestión urbana.

Programa:

09.00- Presentación por parte do concelleiro de Urbanismo.

09.15-11.00 Os retos urbanos en Galicia

09.15-09.45 A realidade urbana en Galicia. Mª José Piñeiro (ProfesoRa de Xeografía da USC)

09.50-10.20 A planificación estratéxica como ferramenta de ordenación. Luciano Alfaya (Arquitecto MMASA)

10.25-10.55 Mesa redonda. Javier Bugallo. (Arquitecto do Concello de Lalín).

11.00-11.30 Pausa para café.

11.30-13.30 O novo urbanismo sostible en Galicia

11.30-11.55 Concello de Lalín, Nicolás González Casares. (Tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo).

12.00-12.25 Concello de Ames. José M Miñones Conde (Alcalde de Ames).

12.30-12-55 Concello de Ribeira. Jorge González Mariño (Xestor dos DUSI do Concello de Ribeira).

13.00-13.25 Concello de Pontevedra. Xosé Manuel Tato (Director Xeral de Urbaismo).

13.30-13.55 Concello de Santiago. Jorge Suárez (Concelleiro de Urbanismo).

13.30-14.00 Mesa redonda

Jorge García (Concello de Lalín).

16.30-18.30 Novas estratexias e ferramentas no urbanismo

16.30-16.55 Procesos participativos. Vívtor Bouzas (Tusgal Consultores)

17.00-17.25 Mobilidade e acessibilidade nas cidades galegas. Diego Carreira (Tom Tom)

17.30-17.55 Novas Tecnoloxías na xestión urbana. Félix García Baquero (ESRI)

18.00-18.25 A importancia do patrimonio cultural. Luís Fernández (Enki arquitectura)

18.30-19.00 Mesa redonda

José M. Taboada (Tysgal Consultores)

19.00 Clausura polo alcalde de Lalín, Rafael Cuíña.

Inscricións en goo.gl/gVQRdu

+info en xornadasurbanismo@lalin.gal

Roteiros de Lalín