LALÍN ACOLLE DOUS CURSOS GRATUÍTOS PARA MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DO PROGRAMA ACTÍVATE

LALÍN ACOLLE DOUS CURSOS GRATUÍTOS PARA MOZOS E MOZAS A TRAVÉS DO PROGRAMA ACTÍVATE
Luns 19 de Outubro de 2015 - Serán de iniciación á fotografía e de repostaría, con 25 prazas cada un. A inscrición permanecerá aberta ata o vindeiro día 27 na OMIX para alumnado de entre 16 e 35 anos.

O concelleiro de Xuventude e Ocio, Juan José Cruz, vén de anunciar a convocatoria en Lalín de dous cursos gratuítos, un de fotografía e outro de repostería grazas a adhesión do Concello ao programa Actívate, promovido pola Deputación de Pontevedra. Este proxecto ten como obxectivo desenvolver actividades educativas e formativas no ámbito do ocio e o tempo libre que sexan de interese xuvenil e respondan ás demandas dos mozos e mozas da provincia. A matrícula para solicitar unha praza nestas actividades formativas está aberta a través das Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Para apuntarse será preciso cubrir un ficha de inscrición e achegar unha copia do DNI antes do mércores 27 de outubro, xa que os postos dispoñibles son limitados.

Cada cursiño terá unha duración 40 horas. Neles poderán participar ata un máximo de 25 mozos e mozas de Lalín con idades comprendidas entre 16 e 35 anos de idade. Non obstante, de quedaren prazas libres, mesmo poderán inscribirse rapaces e rapazas doutros concellos, ou maiores de 35 anos.

Tanto o curso de iniciación á fotografía como o de repostaría serán impartidos por profesionais cualificados e terán lugar en dependencias municipais, durante os meses de novembro e decembro, polas tardes, de luns a venres. Así e todo, os horarios definitivos están por fixarse, porque se definirán en función das demandas do alumnado matriculado.

Para o curso de iniciación á fotografía as persoas participantes deberán dispoñer dunha cámara fotográfica, pretendendo con isto que poidan chegar a dominar o seu uso, así como o de diferentes soportes dixitais fotográficos, ao tempo que aprenden criterios de composición dunha imaxe, entre outros coñecementos.

Pola súa parte, as clases de repostaría van dirixidas a coñecer as normas básicas de hixiene e seguridade alimentaria, ademais de buscar a adquisición das destrezas e capacidades necesarias para a elaboración de sobremesas diversas, ou distintas técnicas de decoración e presentación.

Roteiros de Lalín