Intercambio Xuvenil YNCLUDE

Intercambio Xuvenil YNCLUDE
Martes 19 de Xuño de 2018 - Durante 8 días, 50 mozos e mozas de entre 16 e 21 anos procedentes de Lalín, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda e Serbia, debaterán sobre as causas que xeran a discriminación social de determinadas persoas ou colectivos, e que medidas, a nivel individual e colectivo se poden levar adiante para loitar contar estas discriminacións. ste encontro forma parte do programa anual de actividades institucionais organizadas a través da federación de municipios europeos irmanados “Linden saúda Linden”.

O Comité de Irmanamento de Lalín, en colaboración co Concello de Lalín, organiza do 21 ao 28 de xullo o intercambio xuvenil denominado YNCLUDE, acrónimo de “Youth Network Creating Living-lab Undertakings about Discrimination in Europe” (Rede de mozos e mozas creando proxectos de laboratorio vivinte sobre a discriminación en Europa). Este proxecto está financiado polo Programa de Mobilidade Europea Erasmus + e o Concello de Lalín.

Durante 8 días, 50 mozos e mozas de entre 16 e 21 anos procedentes de Lalín, Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Holanda e Serbia, debaterán sobre as causas que xeran a discriminación social de determinadas persoas ou colectivos, e que medidas, a nivel individual e colectivo se poden levar adiante para loitar contar estas discriminacións. O obxectivo último deste proxecto é crear un plan de accións locais destinadas a promover a inclusión social nos territorios das organizacións socias.

Este encontro forma parte do programa anual de actividades institucionais organizadas a través da federación de municipios europeos irmanados “Linden saúda Linden”, ao que o Concello de Lalín está integrado dende 2004. Ademais de mozos e mozas procedentes das 6 localidades irmanadas, o proxecto contará coa participación grupo de mozos e mozas da cidade serbia de Novi Sad.

O intercambio contará con obradoiros e paneis de experiencias con colectivos locais, actividades de aprendizaxe intercultural, xornadas de convivencia na praia, e como colofón, unha actividade aberta de sensibilización contra a discriminación social no centro da vila.

Ao remate do proxecto, que finalizará coa execución dos plans de acción local, os/as participantes recibirán ao seu remate un Youthpass, un certificado da Comisión Europea de recoñecemento de competencias clave na aprendizaxe non formal.

O aloxamento e gran parte das actividades terán lugar no albergue municipal “Vicente Agulló”. Co obxecto de promover as relacións fraternais coa cidadanía das localidades irmanadas, as ceas faranse en casas de familias lalinenses. As familias interesadas en participar acollendo aos mozos participantes durante as ceas poden poñerse en contacto coa organización a través do teléfono 606509611 ou no correo electrónico cirla.asc@gmail.com antes do 25 de xuño.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín