FINALIZA O OBRADOIRO ILUSTRANDO HISTORIAS COA ENTREGA DE DIPLOMAS E COA PREVISIÓN DE REPETILO EN NADAL

FINALIZA O OBRADOIRO ILUSTRANDO HISTORIAS COA ENTREGA DE DIPLOMAS E COA PREVISIÓN DE REPETILO EN NADAL
Venres 1 de Septembro de 2017 - A concelleira de Cultura puxo de relevo o éxito da actividade e agradeceu a colaboración de Celso Fernández e o traballo das monitoras.

Esta mañá tivo lugar a entrega de diplomas do obradoiro “Ilustrando historias”, un acto que puxo punto e final a unha iniciativa que se enmarcou dentro da programación cultural do mes de agosto do Concello de Lalín. Un total de 10 menores de entre 5 e 10 anos participaron nesta actividade que se celebrou os días 21, 22, 24, 28 e 31 no Museo Municipal Ramón Mª Aller, impartido por Julia Ferradás e Cristina Castro.

A concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, estivo presente na entrega de diplomas xunto coas monitoras do curso e o artista Celso Fernández, que colaborou coa actividade. A edil puxo de relevo o “a gran demanda e o éxito absoluto deste innovador obradoiro, motivo polo que buscaremos que se poida repetir nas vacacións de Nadal”, anunciou. Ao mesmo tempo agradeceu a axuda de Celso Fernández e o excelente traballo de Julia Ferrdás e de Cristina Castro, “que desenvolveron unha labor fabulosa e deixaron quedar a todos os nenos encantados”. Lara Rodríguez explicou que Ilustrando historias buscou facer medrar a creatividade dos nenos e nenas, contando historias a través do debuxo, facendo que as súas creacións funcionen como palabras.

As obras resultantes do obradoiro permanecerán uns días expostas no museo.

Roteiros de Lalín